Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Boletín informativo ambiental 21/10/22
    As últimas semanas están deixando unha colleita favorable de sentenzas e autos dos tribunais que deixan en evidencia a fallida política eólica da Xunta de Galiza. ADEGA, xunto con outras entidades, vén de acadar en tan só quince días 3 resolucións xudiciais favorables fronte a invasión eólica: a anulación definitiva do PE Serra do Iribio, en Samos e Triacastela, e a paralización cautelar dos proxectos eólicos Campelo e Bustelo de Greenalia, nos concellos de Santa Comba, Coristanco e Carballo. Porén, vese obrigada a depositar antes do 1 de novembro para facer efectiva as dúas paralizacións cautelares mencionadas, para o cal lanza a campaña https://tipodesparalos.adega.gal Esta e outras novas da semana en #RadioCerna.
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 14/10/22
    Semana chea de éxitos para o movemento ecoloxista! ADEGA, SGO e FOP conseguen tombar definitivamente o parque eólico Serra do Iribio nos tribunais. O Supremo avala o fallo do TSXG que anulara a autorización da Xunta por dar por válida unha avaliación ambiental obsoleta, de 2005, e estar dentro dun espazo de Rede Natura 2000, onde hoxe se prohiben parques eólicos. Por outra banda, a Fiscalía abre dilixencia de investigación pola actuación da Xunta na vaga de incendios do pasado verán, tras acoller a denuncia dos colectivos conformados na Plataforma Por un Monte Galego con Futuro. Os montes veciñais tamén se reivindican este sábado! Escoita Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 30/09/22
    A Xunta ofrece por primeira vez datos sobre a superficie queimada de espazos protexidos na vaga incendiaria do pasado verán. As cifras son sorprendentes! ADEGA advirte dun outono duro para as aves mariñas, e mesmo para as domésticas, se non se fai nada para frear o andazo da gripe aviaria e o presidente Rueda anuncia unha planta de biogás para xeración de enerxía a prol de Reganosa, Repsol e Naturgy. Se queres saber máis, preme e escoita!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 23/09/22
    A actualidade ambiental desta semana ten que ver coa balsa de lodos de Alcoa, os lumes en Rede Natura, novos gromos de botulismo nas aves acuáticas e o recurso no Supreno ao Plan Nacional de Enerxía do Estado español. Para coñecer os detalles, escoita Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 16/09/22
    Adíase o fallo do Supremo sobre ENCE, aparece un novo gromo de botulismo no encoro de Vilagudín, e segue a afronta veciñal contra os megaproxectos eólicos e as centrais hidroeléctricas de bombeo que ameazan espazos de elevado valor ambiental. Retomamos o pulso informativo ambiental do país co boletín de novas de Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 12/08/22
    Nesta semana os lumes forestais volveron repuntar no país, nomeadamente na provincia de Ourense, no Macizo Central e en dirección ao Teixadal de Casaio! O presidente da Xunta anuncia un cambio no modelo de extinción á vista das dificultades coas que se atopa para frear o avance das chamas... Galiza volve estar á cabeza da produción eléctrica renovable no conxunto do Estado durante o primeiro cuadrimestre, segundo datos de REE, no que exportou máis do 32% da enerxía producida. Mentres seguen saíndo a exposición pública numerosos proxectos eólicos, e autorízase o PE Farrapa II en Pastoriza e Abadín. Tamén xorden novos proxectos de centrais de bombeo, desta volta en Mazaricos, no río Xallas, promovido pola empresa Xeal. A veciñanza crítica co proxecto vén de constituír a plataforma Salvemos A Ruña, monte onde pretende colocarse a balsa de bombeo. Radio Cerna regrasará ás ondas e á túa emisora local no mes de setembro. Feliz verán!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 05/08/22
    Tras un breve descanso estival, voltamos a darche conta da actualidade ambiental galega. Galiza vive unha nova vaga incendiaria que está a afectar especialmente á provincia de Ourense. Arestora o lume de maior envergadura en superficie está a ser o de Verín, pero tamén está a asolar a Maceda, Arbo, Pereiro ou Calvos de Randín... No Courel reactívanse os lumes! Neste espazo tamén falaremos da seca, de Altri e de novos proxectos eólicos proxectados nas montañas orientais de Lugo...
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 15/07/22
    Os efectos do cambio climático cada vez están máis presentes e a actual vaga de calor é unha evidencia. Recoméndase extremar as precaucións para evitar consecuencias na saúde, e tamén consumir responsablemente auga. Varios concellos galegos xa tiveron que restrinxir o seu consumo de forma radical. Doutro lado, a complexa situación enerxética mundial fai que a UE pase a considera como verdes á enerxía nuclear e o gas, un cambio de posición sen precedentes que anuncia malos augurios para a transición enerxética e ecolóxica. Estamos a vivir grandes retrocesos na construción dun mundo máis sostible... Abordamos máis cuestións de relevancia ecolóxica e social en Galiza aquí, en Radio Cerna. En agosto volveremos con espazos informativo renovados! Grazas por nos escoitar!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 08/07/22
    Segue a afronta contra a invasións eólica... O Fondo para a defensa xurídica da Cordilleira Cantábrica recorre contra tres parques eólicos do Bierzo que ameazan a escasa poboación de pita do monte que existe na península, a veciñanza de Ordes, Betanzos, Aranga, A Baña, etc., volve enfrontarse a novos procesos de alegacións aos proxectos industriais eólicos abusivos co rural e co medio natural. Por outra banda, volve a contaminación aos ríos de Ourense e a seca comeza a preocupar aos organismos de bacía de Galiza... Escóitao en Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 01/07/22
    A papeleira Ence quere instalar unha nova factoría en Galiza, no lugar que agora ocupa a central térmica das Pontes, para fabricar papel tisú, mais di que sería unha factoría complementaria á de Lourizán. Tamén nas Pontes, o presidente Rueda anuncia unha planta de hidróxeno que presenta como a primeira en Galiza destas características. E nesta mesma semana, aprobou dous parques eólicos pola vía da excepcionalidade, fóra das áreas establecidas polo Plan Eólico, que son de titularidade de Greenalia, empresa da que forma parte a exconselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato. Se queres máis información, preme e escoita Radio Cerna!
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.