Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Boletín informativo ambiental 24/06/22
    No comezo do verán, a actualidade ambiental galega recorreo ás vellas "glorias" da industria contaminante. ADEGA publica resultados sobre a súa xestión de residuos, que segue sen cumprir os obxectivos da UE e que sitúan a Galiza no terceiro posto pola cola do Estado en reciclaxe. Ence volve enfrontarse a unha nova manifestación de APDR e a térmica de As Pontes anuncia o esgotamento inminente do seu aprovisionamento do carbón, situando máis preto o seu desmantelamento. Escóitao en Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 17/06/22
    Tras a exitosa marcha do día do medio ambiente na que a sociedade galega pedíu un cambio no modelo enerxético fronte a invasión eólica, a Xunta lanza unha campaña mediática na que pretende botar no tellado do Estado toda a responsabilidade sobre o actual descontrol na implantación das enerxís renovábeis. Esta e máis novas neste espazo de Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 10/06/22
    O pasado domingo, Galiza unha xornada reivindicativa exitos a prol do medio ambiente. A coordinadora Eólica Así Non conseguiu encher a Praza do Obradoiro con milleiros de manifestantes que reclaman á Xunta e ao Estado un modelo enerxético xusto e sustentábel, por e para o pobo. Ademais disto, obterás información sobre unha nova mina de coltan en Galiza, informe sobre lumes e eucaliptización, Fragas do Eume e o novo Plan de biodiversidade da ministra Ribera.
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 03/06/22
    O vindeiro domingo, Galiza prevé vivir unha inesquecible xornada de manifestación polo Día do Medio Ambiente. Máis de 200 entidades conformadas na coordinadora Eólica Así Non convocan unha mobilización por un modelo enerxético xusto e sustentábel, por e para o pobo, baixo o lema "Temos alternativa". A marcha sairá da Alameda ás 12 horas e prevé encher de novo a Praza do Obradoiro. Alén desta, máis novas de relevancia no panorama ambiental e ecoloxista de Galiza neste espazo de Radio Cerna. Non o deixes de escoitar!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 20/05/22
    Radio Cerna repasa en 10 minutos a actualidade ambiental galega. Erosión do solo, mina de Touro, eólica e efectos do cambio climático no mar, algúns dos temas que tratamos no programa de hoxe. Non o perdas!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 06/05/22
    As organizacións ecoloxistas galegas advirten sobre os prexuízos ambientais que a fábrica de fibra téxtil de Altri podería traer para a comarca da Ulloa e para o país. Alén disto, esta semana deixou información de interese sobre proxectos hidroeléctricos en activo e en proxección nos ríos galegos. Tamén se deron avanzas na elaboración do catálogo estatal de reservas hidrolóxicas, onde por primeira vez, aparecerá o Pedregal do Irimia, un dos lugares nos que maioritariamente se sitúa o nacemento do río Miño. En Radio Cerna atoparán o resto da actualidade ambiental e ecoloxista da semana.
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 29/04/22
    O movemento ecoloxista consegue que se protexan 1.130 zonas húmidas de Galiza tras 15 anos de pasividade e desproteccón por parte da Xunta e do Estado. Tamén os activistas galegos lideran a o oposición estatal ao real decreto lei que simplifica a tramitación de macroproxectos eólicos e os exime de avaliación ambiental ordinais. E a fábrica de fibras téxtiles de Altri preséntase como nova amezada para o medio ambiente galego.... Esta e máis novas no eido ambiental e ecoloxista de Galiza na última semana. Escóitaas en Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 22/04/22
    Alén de celebrarse o Día da Terra, nesta semana cúmprense 15 anos desde a aprobación do Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Un catálogo que nacía con vocación de favorecer a conservación das especies, mais hoxe en día só unhas poucas das 200 que incorpora contan con plan de conservación e recuperación. Mais, a grande sorpresa da semana foi a do "pacto de país" dos socialistas de Galiza pola enerxía eólica, pero que non contou coas organizacións ecoloxistas nin afectadas pola actual vaga eólica. Se queres obter máis información, escoita Radio Cerna!
    11 min
  • Boletín informativo ambiental 08/04/22
    O decreto-lei de Sánchez no que exime de avaliación ambiental certos proxectos de enerxías renovábeis fai saltar as alarmas das entidades ecoloxistas, mesmo das estatais. As enerxías renovábeis non poden implantarse á custa de rebaixar as garantías ambientais ou de participación pública. ADEGA advirte de que este decreto en Galiza poría en risco espazos que foron propostos como ampliación da Rede Natura 2000. Doutra banda, a Xunta intenta reparar a súa ilegalidade, constatada polo TSXG, e volve a poñer en exposición púbilca aqueles proxectos eólicos aos que lles recurtou a metade o prazo de alegacións. Estas e outras novas de interese, neste espazo de Radio Cerna!
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 01/04/22
    O goberno de Sánchez, malia a querer diferenciarse do de Feijóo, bota a andar a "lei de depredación" estatal! Vén de aprobar un real decreto que, en virtude da crise xerada pola guerra en Ucraína, pretende eximir de avaliación de impacto ambiental a proxectos eólicos en tramitación e menos de 75 MW e simplificando a tramitación da súa autorización. Este decreto sumado ás leis de depredación da Xunta sitúan á sociedade galega nunha arriscada posición de indefensión fronte os intereses especulativos e espoliadores das promotoras eólicas. Ao tempo, resoa con máis forza que nunca a idea da soberanía alimentaria e apróbase da DIA de desmantelamento da térmica das Pontes.
    11 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.