A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) é unha entidade asociativa constituída polos 313 concellos galegos, as 4 deputacións provinciais e as 9 entidades locais menores existentes no ámbito territorial de Galicia.
A Fegamp naceu en 1988 co obxectivo de promover, representar e defender os intereses dos organismos locais galegos. Con sede única en Santiago de Compostela, a Fegamp conta cun corpo administrativo propio e cuns órganos de goberno que se renovan cada catro anos en función do mapa político municipal galego.
A Fegamp e a Femp son asociación independentes unha da outra. Si manteñen potentes lazos de traballo e cooperación, pero tanto as súas funcións como o seu ámbito territorial, son propios.
A Fegamp respecta a autonomía local de cada un dos seus asociados e centra o seu labor diario nas funcións recollidas nos seus estatutos fundacionais:
Fomentar e defender a autonomía das Entidades Locais.
Promover, representar e defender os intereses das Entidades Locais ante outras Administracións Públicas.
Promover e desenvolver a cultura e lingua galegas no ámbito local.
Promover e reivindicar ante os correspondentes poderes públicos canto estime oportuno na orde a lograr o teito competencial das respectivas Entidades Locais.
Fomentar a participación cidadá na vida local.
Desenvolver e consolidar o espírito europeo no ámbito local baseado na autonomía e solidariedade entre os Entes Locais.
Defender en xuízo dos intereses da Administración Local Galega se é o caso, así como as actuacións necesarias perante o Tribunal Constitucional de acordo coa súa Lei Orgánica, en defensa da Autonomía Local.
Calquera outro que afecte ou incida de forma directa o indirecta ós seus asociados ou á propia Federación.
Con esta finalidade, a Fegamp ten capacidade para:
Establecer as estruturas orgánicas pertinentes.
Facilitar intercambios de información mutua.
Constituír servizos de asesoramento e asistencia para os seus membros.
Organizar e participar en reunións, seminarios, congresos e xornadas de estudo e orientación.
Dirixirse ao poderes públicos, intervindo, no seu caso, na formulación da normativa legal que afecta os Entes Locais.
Promover publicacións, estudios e documentos informativos na materia da súa competencia.