Marta María Fernández-Tapias Núñez, nada en Vigo en 1974, é unha avogada e política galega do PPdG, delegada territorial da Xunta de Galicia na cidade de Vigo dende o ano 2020.
Traxectoria
Licenciada en dereito pola universidade Complutense de Madrid, é avogada, especialista en dereito mercantil e marítimo-pesqueiro. En novembro de 2016 foi nomeada Directora Xeral de Administración local na Xunta de Galicia, onde exerceu ata a convocatoria das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020[1].
Desde setembro de 2020 é a delegada territorial da Xunta de Galicia na cidade de Vigo, posto no que substituíu a Corina Porro.[2]
En decembro de 2021 foi elixida, polos militantes do seu partido, líder do PP en Vigo e en agosto de 2022 o comité electoral do PP de Vigo designouna como candidata á alcaldía da cidade