As familias do Villa de Pitanxo chamaron ás portas do Canadá en busca de respostas. Chegaron por videoconferencia desde o servizo de Salvamento Marítimo de Terra Nova á embaixada canadense en Madrid.
"O Canadá hoxe cumpriu. Ao Canadá as familias pedímoslle sen ser nacionais canadenses e déronnos información. E abriron unha ventá para seguir informándonos", di María José de Pazo, voceira das familias.
Información sobre o rescate dos mariñeiros do Villa de Pitanxo. Os barcos que participaron. As horas. Resolveron as dúbidas das familias. Querían saber tamén os prazos, os trámites para poder baixar aos restos do buque.
"Unha comunicación. Tería que facerse unha comunicación ao porto máis próximo"dixo María José de Pazo, voceira das familias