UNIÓNS AGRARIAS-UPA é unha Organización Profesional Agraria de ámbito nacional galego legalmente constituída ao amparo da Lei 19/77, do 1 de abril, e do Decreto 873/77, do 22 de abril; sen ánimo de lucro, autónoma e independente dos partidos políticos e das administracións públicas, e rexida unicamente pola vontade dos seus asociados e asociadas.
Unións Agrarias-UPa está integrada organicamente a nivel estatal na Unión de Pequeños Agricultores y Ganaderos (UPA), asumindo os seus principios e estatutos.
Na actualidade conta con 31 oficinas comarcais no ámbito da Comunidade Autónoma maila Sede Central, co obxecto de alcanzar un mellor cumprimento dos seus fins, prestar unha atención suficiente e especializada a todos aos seus asociados e asociadas e aplicar as resolucións e directrices dos seus órganos representativos.