Ethel María Vázquez Mourelle, nada en Ponteceso en 1972, é unha política galega do PPdeG.
Filla de Manuel Jesús Vázquez Barca. Estudou EXB no colexio Eduardo Pondal de Ponteceso. Enxeñeira de Camiños, Canles e Portos pola Universidade da Coruña. Foi presidenta de Augas de Galicia. En setembro de 2010 foi nomeada directora da Axencia Galega de Infraestruturas. Dende o 18 de xuño de 2014 é conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. En outubro de 2015, pola remodelación do Goberno, quedou unicamente como conselleira de Infraestruturas e Vivenda[1]. Foi elixida deputada no Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2016. En xaneiro de 2017 renunciou ao seu cargo de deputada no Parlamento de Galicia[2].
Bas eleccións de 2020 volveru ser elixida deputada no Parlamento de Galicia, e en setembro de 2021 volveu deixar o escano a canda moitos dos outros deputados que tamén eran conselleiros