Entrevistamos a Cristela Pemán, responsable dos obradoiros que o centro ecuestre Cabalos Cima de Vila, de Fornelos de Montes, levará a cabo desde o xoves ata o sábado e que xirará sobre un xeito diferente de relación entre os seres humanos e os animais tendo como nexo de unión o adestramento de cabalos sen ferros e no reforzo do estímulo positivo. Tamén é un centro de recuperación de equinos onde, neste momento, traballan con catro cabalos en réxime de semiliberdade.