Entrevistamos a Roi Márquez por mor da constitución, esta fin de semana, da agrupación local en Ponte Caldelas de En Marea, unha formación política que pretende conseguir representación municipal na Corporación nas vindeiras eleccións locais, no ano 2019. Esta nova agrupación bota a andar en Ponte Caldelas coa vista posta en dar resposta organizativa a aquelas persoas que simpaticen con En Marea e que residan tanto en Ponte Caldelas como nos concellos limítrofes. En breve poñerán un correo electrónico e unha páxina no facebook para servir de contacto e relación entre a cidadanía e as persoas que lideran esta organización.