Outro dos protagonistas do programa REBOADA DE SONS, que dirixe Ángel Rodríguez Lale, foi Severino Pérez González, "Seve", da agrupación Ronda El Tenaco, de Arenas de San Pedro, en Ávila. Falaron das diferentes formas que ten o folclore castelán en función do lugar onde se practique e tamén do crisol de culturas que atesoura esta agrupación limítrofe entre as dúas castelas e Estremadura.