Manuel Barreiro, concelleiro nacionalista no Concello de Ponte Caldelas, falounos da Asemblea Aberta que o BNG protagonizará estar tarde, a partir das 20:30 horas, no Centro Cultural de Ponte Caldelas na que poderán participar todas aquelas persoas que estean interesadas en aportar iniciativas de cara á XVI Asemblea Nacional desta formación política. Xunto a Manuel Barreiro participarán Eva Vilaverde, responsable comarcal do BNG e deputada provincial, e Diego Moreira, membro de Galiza Nova e responsable do BNG no concello de Soutomaior.