Entrevistamos nos nosos estudios centrais ao alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, quen nos falou do acto de inauguración da nova praza-alameda de Seixido que levará o nome do tenente alcalde recentemente falecido, Juan Carlos Piñeiro Teodosio. A inauguración será mañá sábado ás 18:30 horas e será un acto emotivo e aberto a tódolas persoas que queiran rendir unha homenaxe ao ex concelleiro e veciño de Seixido.