Francisco Couselo entrevistou no programa CAZA E NATUREZA a Luis Eusebio Fidalgo Álvarez, veterinario e profesor da Universidade de Santiago, membro do comité autonómico de caza, autor de diversos tratados sobre o corzo, raposo, etc. e unha eminencia no estudio científico das especies cinexéticas en Galicia. Falaron sobre o próximo campionato de caza de raposo que se celebrará este sábado na contorna de Fornelos, Covelo e Mondariz e sobre os análises que lle están a facer aos raposos abatidos nestes concursos para determina-la súa alimentación, parásitos, enfermidades, densidade, etc.