RADIO NOVA

RADIO NOVA

By RADIO NOVANews
Download on the App Store

RADIO NOVA episodes

  • Entrevista a María Ansorena - Agadei
    Entrevistamos a María Ansorena, directiva da Asociación Galega de Escolas Infantis (Agadei) que falou sobre as Casas Niño postas en marcha pola Xunta en pequenos concellos do rural galego e manifestou que aínda que lles parecía unha boa iniciativa avogou pola necesidade de cumprir coas mesmas esixencias que a normativa lles impón ás Escolas Infantís. Tamén considerou que debería cumprirse o ratio de dúas profesoras para ter conta dos 5 nenos, tal e como lles esixe a normativa autonómica a eles. Tamén falou da "competencia desleal" que supoñen algúns parques de bolas ou escolas de música de 0 a 3 anos que, ao seu xuizo, deberían contar cun control similar ao que son sometidas as Escolas Infantís pola Xunta de Galicia.
    10 min
  • Entrevista a Suso Peleteiro, presidente de COEMPO
    Entrevistamos a Suso Peleteiro, presidente de COEMPO, sobre a campaña de Nadal que teñen deseñada os establecementos comerciais para estas datas entre as que salienta unha ludoteca para os nenos e nenas coa intención de que os pais e nais podan facer as súas compras coa tranquilidade de que os cativos estarán perfectamente atendidos e pasando unha xornada lúdica en Ponte Caldelas.
    5 min
  • Entrevista a Jesús Portela (Insua)
    Falamos con Jesús Portela, presidente da Asociación de Veciños de A Insua (Ponte Caldelas) sobre as actividades que teñen previsto organizar para este Nadal. Así este domingo, 18 de decembro, Papá Noel visitará a Casa do Pobo da Insua onde recollerá as cartas dos máis cativos da parroquia. Haberá unha merendola e a actuación do grupo Animarte con xogos para rapaces.
    7 min
  • ENTREVISTA IAGO TREUS, ADESTRADOR PREBENXAMINS VERDUGO
    O adestrador do equipo prebenxamín do Verdugo, Iago Treus, denunciou no programa MUNDO DEPORTIVO DO VERDUGO-OITAVÉN, que dirixe e coordina Alberto Rodríguez, a situación de abandono e mal estado que presenta tanto o campo de fútbol de Ponte Sampaio como os seus vestiarios. Treus amosou un escrito de Costas do Estado, con data 15 de marzo do 2016, autorizando ao Concello de Pontevedra a realizar as obras pertinentes que todavía seguen sin comezar ante a indignación dos pais dos rapaces que ven perigar a asistencia dos seus fillos a este centro deportivo.
    25 min
  • ENTREVISTA A JOSÉ MANUEL MONTEAGUDO, XERENTE DE CINEGÉTICA MONTEAGUDO
    O programa CAZA E NATUREZA, dirixido por Francisco Couselo, contou coa presenza nos estudios de RADIO NOVA con José Manuel Monteagudo, xerente de Cinegética Monteagudo unha das empresas pioneiras e líderes en Galicia na cría e repoboación de coello, faisán e perdiz. Monteagudo falou do coidado que pon a súa empresa no labor de prevención de enfermidades que podan afectar aos coellos e sinalou que á hora da repoboación é tan importante a calidade do coello que se introduce como a preparación do hábitat onde se vai insertar ese animal.
    23 min
  • ENTREVISTA A CELSO BOULLOSA COSTAL, CAZADOR DE PIGARZOS E MÉXICO
    Couselo entrevistou no seu programa CAZA E NATUREZA, en RADIO NOVA, a Celso Boullosa Costal, un cazador de Pigarzos especializado na caza da becada e que mantén a súa actividade cinexética a cabalo entre Galicia e México. Repasaron as vivencias e experiencia coa caza menor de Celso Boullosa e a súa afección pola becada que o leva a coller un avión para pasar este Nadal coa súa familia en México, pero xa ten mercado a súa pasaxe de volta para rematar, a partir do 10 de xaneiro, a tempada de caza na súa Galicia natal.
    16 min

About RADIO NOVA

From the publisher's feed

A nova radio do Verdugo-Oitavén. Sintonízanos no 107.2 FM