
Sign up to save your podcasts
Or


Programa número 303, no que tivemos como convidada a Amparo Alonso Betanzos, Catedrática da UDC e Presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial. Tamén tivemos a sección de A Nosa Lingua, a cargo de Marcos Maceira.
Programa número 302, no que realizamos as seguintes entrevistas telefónicas sobre webseries galegas:
- Enrique Lojo
- Jorge Boquete, de Porco Bravú
Programa número 301, no que tivemos como convidado ao cineasta Ignacio Benedeti. Tamén tivemos a sección de Artes Plásticas, a cargo de Neves Seara.
Programa número 300, no que tivemos como convidados a María Xosé Servia, bióloga e profesora da UDC, e Anxo Cao, apicultor, que nos falaron sobre a incidencia da Avespa Velutina.
Programa número 299, no que realizamos as seguintes entrevistas telefónicas sobre Filosofía e Antropoloxía:
- Xoán Carlos Garrido, da Aula Castelao, que organiza a Semana Galega de Filosofía
- Guadalupe Jiménez, da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural
Programa número 298, no que tivemos como convidados a Xácome Santos e a Gumersindo Campaña, integrantes da Irmandade Moncho Valcarce.
Ademais, tamén tivemos a sección de Literatura, a cargo de Biblos Clube de Lectores. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Celso Emilio Ferreiro.
Programa número 297, no que tivemos como convidado ao humorista, actor e xestor cultural Pedro Brandariz.
Ademais, tamén tivemos a sección de Feminismo, a cargo de Yolanda Naya. Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Ricardo Carvalho Calero.
Programa número 296, no que tivemos como convidado a Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza, que nos falou do proxecto de posta en marcha de "O Diario Galego".
Ademais, tamén tivemos a sección de Medio ambiento, a cargo de Amancio Sotillo.
Programa número 295, no que tivemos como convidada a Deborah García Bello, divulgadora científica.
Ademais, tamén tivemos a sección de Literatura, a cargo de Biblos Clube de Lectores. E a sección de Poesía Galega, na que Gema Millan recitou e homenaxeou a Xabier P. Docampo, que faleceu xustamente neste día.
Programa número 294, no que realizamos as seguintes entrevistas telefónicas sobre o Rural Galego:
- Isabel Villalba, presidenta do Sindicato Labrego Galego
- José Antonio García, presidente da Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia
- Paula Ares, colaboradora da Universidade Rural Galega
Ademais, tamén houbo a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de María Mariño.
From the publisher's feed
Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega.
Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora), Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).
Máis Recendo en:
https://recendoblog.blogspot.com/
https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm