
Sign up to save your podcasts
Or


Programa número 293, no que tivemos como convidado a Carlos Velasco Souto, historiador e profesor da UDC que escribiu a introdución do libro "Os nomes do terror", que por primeira vez desvela os nomes dos asasinos na Guerra Civil e na posguerra na Galiza.
Ademais, tamén houbo a sección de Feminismo, a cargo de Yolanda Naya.
Programa número 292, no que tivemos como convidado a Victorino Pérez Prieto, que nos falou sobre a figura de Prisciliano.
Ademais, tamén houbo a sección de Artes Plásticas, a cargo de Neves Seara. E tivemos tamén a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Federico García Lorca.
Programa número 291, no que tivemos como convidada a Sara Romero Castro, responsable de políticas trans do colectivo ALAS Coruña.
Ademais, tamén houbo a sección de Arquitectura e Fotografía, a cargo de Héctor Fernández.
Programa número 290, no que tivemos como convidada a Celia Parra, produtora executiva e creadora da idea do documental "Versogramas", sobre videopoesía.
Ademais, tamén houbo a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Luís Seoane.
Programa número 289, no que realizamos as seguintes entrevistas telefónicas a Poetas Galegos:
- Baldo Ramos
- Carlos Negro
Ademais, tamén houbo a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou dous poemas de María Victoria Moreno.
Programa número 288, no que tivemos como convidados a Jano Viñuela e Giovanna Lopalco, do Estudio Xiz.
Tamén tivemos a sección de A nosa lingua, a cargo de Mónica Pazos, secretaria xeral de A Mesa pola Normalización Lingüística.
Programa número 287, no que tivemos como convidados a catro dos cinco integrantes do grupo de música medieval Quintas Canella: Xosé Veloso Quintas (voz), Xosé Yepes (guitarra), Xulio López (frautas) e Xaquín Blanco (gaitas e percusión).
Tamén tivemos a sección de Audiovisual, a cargo de María Núñez Veiga. E tamén tivemos a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Antonio Tovar Bobillo.
Programa número 286, no que realizamos as seguintes entrevistas telefónicas sobre Novo Pop Galego:
- Cibrán Tenreiro, do grupo Esposa.
- Emilio José.
- Marco Maril, de Apenino.
Programa número 285, no que tivemos como convidado a Xoán Costa, presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega
Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Amancio Sotillo.
Programa número 284, no que tivemos como convidado a Arturo Iglesias, autor do libro "Sabela, almiranta dos Mares do Sur", que fala sobre o personaxe de Sabela de Barreto, a muller galega que foi a primeira en comandar unha expedición de conquistadores.
Tamén tivemos a sección de Ciencia e Tecnoloxía, a cargo de Roberto Catoira, na que se falou sobre Xoán López Suárez.
From the publisher's feed
Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega.
Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora), Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).
Máis Recendo en:
https://recendoblog.blogspot.com/
https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm