
Sign up to save your podcasts
Or


Programa número 263, no que tivemos como convidada a María Núñez Veiga, responsable do Festival de cine FKM, que comeza nestes días na Coruña.
Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Amancio Sotillo. E a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán homenaxeou de novo á recentemente falecida Xohana Torres, recitando un poema de Luz Pozo Garza dedicado a Xohana.
Programa número 262, no que tivemos como convidado a Carlos Babío, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, e experto no espolio do Pazo de Meirás.
Tamén tivemos a sección de Artes Plásticas, a cargo de Neves Seara. E a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán homenaxeou á recentemente falecida Xohana Torres.
Programa número 261, no que tivemos como convidada a Alicia Longueira, directora da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
Tamén tivemos a sección de Música Tradicional, a cargo de Antonio Prado.
Programa número 260, no que realizamos estas dúas entrevistas relacionadas coa apicultura:
- David Corral, de Mel da Anta.
- Suso Asorey, da Asociación Galega de Apicultura.
Programa número 259, no que tivemos como convidado a Andrés Bellas, presidente de APRADOGA, a Asociación de profesionais da rama artística da dobraxe de Galicia.
Tamén tivemos a sección de Ciencia e Tecnoloxía, a cargo de Roberto Catoira. E a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Xosé María Álvarez Cáccamo.
Programa número 258, no que tivemos como convidado a Amancio Sotillo, responsable local de ADEGA, que nos falou sobre os 40 anos de historia desta entidade.
Tamén tivemos a sección de Arquitectura, a cargo de Héctor Fernández.
Programa número 257, no que tivemos como convidado a Tino Fraga, que nos falou sobre a Granxa Experimental Agrícola de Monelos.
Tamén tivemos a sección de Artes plásticas, a cargo de Neves Seara.
Programa número 256, no que tivemos como convidada a Rosario Sarmiento, xestora cultural que nos falou sobre Maruja Mallo, a quen se lle dedica este ano o Día das Artes Galegas.
Tamén tivemos a sección de A nosa lingua, a cargo de Xela Armas, responsable da Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña.
Programa número 255, no que realizamos estas tres entrevistas a escritores galegos:
- Xosé Duncan.
- Antón Riveiro Coello.
- Xoán Carlos Domínguez Alberte.
Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, no que recitou un poema de Carlos Casares.
Programa número 254, no que tivemos como convidada a Pilar Neira, presidenta de MUDEGA, Asociación de Mulleres Deportistas Galegas.
Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Amancio Sotillo.
From the publisher's feed
Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega.
Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora), Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).
Máis Recendo en:
https://recendoblog.blogspot.com/
https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm