
Sign up to save your podcasts
Or


Programa número 243, no que tivemos como convidado a Hugo López Arias, presidente de Cántigas da Terra, entidade que acaba de cumprir 100 anos.
Tamén tivemos a sección de Ciencia e Tecnoloxía, a cargo de Roberto Catoira, que falou sobre o arqueólogo Florentino López Cuevillas.
Programa número 242, no que tivemos como convidado a Fran Barcia, que acaba de abrir a librería de vello "Fiandón".
Tamén tivemos a sección de Artes Plásticas, a cargo de Neves Seara.
Programa número 241, no que realizamos estas tres entrevistas sobre xoguetes:
- Guido, de Galileo Nenos.
- Irimia, de Brazolinda.
- Lois Guillán, de Cucucucho.
Programa número 240, no que tivemos como convidadas a Ángeles Huerta (directora) e Marta Eiriz (produtora) do documental "Esquece Monelos".
Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Amancio Sotillo.
Programa número 239, no que tivemos como convidados a Tono Galán e Laura Sánchez, en representación do Proxecto Cárcere.
Tamén tivemos a sección de Literatura, a cargo de Carmela González, do Clube de Lectores Biblos.
Programa número 238, no que realizamos estas dúas entrevistas sobre agricultura ecolóxica:
- Laura Recio, da Granxa Escola Barreiros.
- Chusa, socia da Sociedade Cooperativa Milhulloa.
Programa número 237, no que tivemos como convidado a Xulio López Valcárcel, que veu falarnos de Miguel González Garcés. Tamén estivo presente Diana Varela, que recitou algúns dos seus poemas.
Tamén tivemos a sección de Música Tradicional, a cargo de Antonio Prado. E tamén tivemos a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Miguel González Garcés.
Programa número 236, no que tivemos como convidados a Salomé García (presidenta) e a Samuel Bugía (tesoureiro) da Asociación Lírica Encantados.
Tamén tivemos a sección de Feminismo, a cargo de Victoria Louro. E tamén tivemos a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Celso Emilio Ferreiro.
Programa número 235, no que fixemos as seguintes entrevistas telefónicas sobre Micoloxía:
- Antonio Caamaño, da Sociedade Micolóxica A Andoa (Cambre)
- José Castro, da Sociedade Micolóxica Lucus (Lugo)
- Antonio Saco, da Asociación Os Cogordos (Ourense)
Programa número 234, no que tivemos como convidada á tradutora María Luísa Mirás Seijas.
Tamén tivemos a sección de Ciencia e Tecnoloxía, a cargo de Roberto Catoira, que nos falou sobre a médica Olimpia Valencia.
From the publisher's feed
Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega.
Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora), Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).
Máis Recendo en:
https://recendoblog.blogspot.com/
https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm