
Sign up to save your podcasts
Or


Programa número 233, no que tivemos como convidado ao produtor audiovisual Domingo Díaz Docampo.
Tamén tivemos a sección de Fotografía, a cargo de Héctor Fernández.
Programa número 232, no que tivemos como convidados a Paz Gonçalves, educadora, e David García, pai dun dos nenos que asiste á Escola Bosque Amadahi, que acaba de abrir este mes de setembro en Dexo (Oleiros).
Tamén tivemos a sección de Artes Plásticas, a cargo de Neves Seara. E a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Celso Emilio Ferreiro.
Programa número 231, no que fixemos as seguintes entrevistas telefónicas:
- Concha Outeiriño, artesá.
- Nico Campos, presidente da Asociación Galega de Guionistas.
- Mónica García, bailarina.
Programa número 230, no que tivemos como convidados a Xosé Lois Romero e Cristina Sánchez, que presentaron o primeiro disco do proxecto "Xosé Lois Romero & Aliboria".
Tamén tivemos a sección de A nosa lingua, a cargo de Marcos Maceira. E a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Luís Pimentel.
Programa número 229, no que tivemos como convidados a Fernando e Luis, fundadores da fábrica de cervexa artesá Bandua.
Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Amancio Sotillo. E a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Manuel Antonio.
Programa número 228, no que tivemos como convidado a José Lemur, un dos integrantes do colectivo compostelán Micromachinhos, formado por homes pola igualdade.
Tamén tivemos a sección de Fotografía, a cargo de Héctor Fernández. E a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un poema de Álvaro Cunqueiro.
Programa número 227, no que fixemos as seguintes entrevistas telefónicas:
- Traski, da Asociación Camiño dos Faros.
- Xulio Ríos, director do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional).
- Sandra Rodríguez, directiva do Lar Galego de Sevilla.
Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, a cargo de Gema Millán, que recitou un dos seis poemas galegos de Federico García Lorca.
Programa número 226, no que tivemos como convidados a Eduardo Blanco Pereira, presidente da AGAXEDE (Asociación Galega de Xestores Deportivos) e a David Fabeiro, responsable de Comunicación e Marketing.
Tamén tivemos a sección de Música Tradicional, a cargo de Antonio Prado, que nos falou sobre o novo disco editado por Xosé Lois Romero e Aliboria.
Programa número 225, no que tivemos como convidado a Sergio París, secretario da Sociedade Galega de Ornitoloxía.
Tamén tivemos a sección de Ciencia e Tecnoloxía, a cargo de Roberto Catoira, que nos falou da pedagoga Maria Barbeito. E tamén tivemos a sección de Poesía Galega a cargo de Gema Millán.
Programa número 224, no que tivemos como convidados a Lois Fontán, Xosé Collazo e Xosé Gándara, xogadores de diferentes equipos da Liga Nacional de Billarda.
Tamén tivemos a sección de Historia, a cargo de Uxío-Breogán Diéguez.
From the publisher's feed
Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega.
Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora), Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).
Máis Recendo en:
https://recendoblog.blogspot.com/
https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm