
Sign up to save your podcasts
Or


Programa número 223, que tratou sobre Bandas de Música, no que fixemos as seguintes entrevistas telefónicas:
- Armando Morales, presidente da Federación Galega de Bandas de Música.
- Manuel Villar, director da Banda Municipal de Valga.
Programa número 222, no que tivemos como convidados a Nadia Hariri, voceira e coordinadora do colectivo Suria, Amigos do Pobo Sirio, e a Alfonso Mascuñana, voluntario coruñés que estivo este ano na Illa de Lesbos.
Tamén tivemos a sección de A nosa lingua, a cargo de Marcos Maceira, presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística.
Programa número 221, no que tivemos como convidada a Valeira Pereiras, a nova coordinadora de contidos da Revista Luzes.
Tamén tivemos a sección de Audiovisual, a cargo de Antonio Brea. E Gema Millán recitou un poema de María do Carmo Kruckenberg na súa sección de Poesía Galega.
Programa número 220, que tratou sobre Arte Urbana, no que fixemos as seguintes entrevistas telefónicas:
- Sokram, do Festival Desordes Creativas, de Ordes.
- Miguel Peralta, da cooperativa Cestola na Cachola.
- Pablo Castiñeira, da asociación Vella Escola, de Noia.
Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Celso Emilio Ferreiro.
Programa número 219, no que tivemos como convidada a Ana María López-Cortón, profesora da UDC, que veu falar sobre a figura do filósofo e psicólogo Xoán Vicente Viqueira.
Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Amancio Sotillo. E Gema Millán recitou un soneto de Xoán Vicente Viqueira na súa sección de Poesía Galega.
Programa número 218, no que tivemos como convidados a Anxo Miján (presidente) e Xema Sanxurxo (vogal de escolas), da asociación cultural Son Daquí.
Tamén tivemos a sección de Música Tradicional, a cargo de Antonio Prado.
Programa número 217, no que tivemos como convidados a Victoria Quiroga e César Villar, da delegación coruñesa de ATTAC, que nos falaron sobre o TTIP, o tratado de libre comercio entre Europa e Estados Unidos que se está negociando en secreto.
Programa número 216, no que fixemos as seguintes entrevistas telefónicas:
- María Álvarez, das xornadas de autoedición de banda deseñada Autobom.
- Manuel Gago, blogueiro e divulgador.
- Rebeca Munín, da revista Pincha e Discos.
From the publisher's feed
Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega.
Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora), Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).
Máis Recendo en:
https://recendoblog.blogspot.com/
https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm