Recendo

Recendo

By CUAC FMSociety & Culture
Download on the App Store

Recendo episodes

  • 17x5 Entrevista á asociación Fibro Visibles

    Programa número 512, no que entrevistamos a Ana Rodríguez, presidenta, e Hugo Cristino Trillo, tesoureiro da asociación Fibro Visibles, que reúne a afectados de fibriomialxia, fatiga crónica e doezas similares.

    Tamén tivemos a sección de Banda Deseñada, a cargo de Eduardo Maroño.

    E na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Manuel Miragaia.

    1 hr
  • 17x4 Programa sobre o Club de Lectura Queeruña

    Programa número 511, no que entrevistamos ás coordinadoras e varias integrantes do Club de Lectura Queeruña. Estiveron connosco Eva Vieites e Diego Maseda, e como participantes Mariña, Pablo e Álex.

    Tamén tivemos a sección de Galicia Encantada, a cargo de Antonio Reigosa.

    E na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Lupe Gómez sobre as bibliotecas.

    1 hr
  • 17x3 Entrevista a Marta Bobo, ex ximnasta olímpica galega

    Programa número 510, no que entrevistamos a Marta Bobo Arce, ex ximnasta galega que participou nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles 1984 e que agora é profesora na Facultade de Ciencias do Deporte da Universidade da Coruña.

    Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Damián Romay.

    E na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema sobre o outono de Domingo Tabuyo.

    1 hr
  • 17x2 Coloquio sobre os Incendios deste verán en Galicia

    Programa número 509, no que realizamos un coloquio sobre os incendios deste verán en Galicia, no que participaron:

          • Xoan Castro, vicepresidente da Asociación Gandeiros e Gandeiras Elas@Eles e membro da Directiva Do Monte Veciñal "Xalo" de Celas de Peiro (Culleredo)

    • Pablo Lado, bombeiro forestal e ornitólogo afeccionado.

    • Cosme Damián Romay, biólogo e membro do Grupo Naturalista Hábitat.

    E na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou o poema de Ramón Cabanillas titulado. "Lume no pazo".

    1 hr
  • 17x1 Entrevista a Israel Temprano, investigador do CICA da UDC

    Programa número 508, no que entrevistamos a Israel Temprano Fariña, coordinador do grupo de investigación LISTE, que traballa nos sistemas de almacenamento en baterías. Este grupo pertence ao CICA, o Centro Interdisciplinar en Química e Bioloxía da Universidade da Coruña.

    Tamén tivemos a sección de Literatura Galega, a cargo de Eva Cameán.

    E na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema da súa autoría titulado: "Poetas pola PAZ".

    1 hr
  • 16x31 Entrevista a Antonio Reigosa, coordinador da web "Galicia Encantada"

    Programa número 507, no que entrevistamos a Antonio Reigosa, coordinador da web "Galicia Encantada", que leva 20 anos falando sobre a mitoloxía e os contos de tradición oral galega.

    Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Damián Romay.

    E na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema da súa autoría titulado: "Dentro dun poema".

    1 hr
  • 16x29 Entrevista a Xaime Pena, Director da Filmoteca de Galicia

    Programa número 505, no que entrevistamos a Xaime Pena, Director da Filmoteca de Galicia (antes coñecida como Centro Galego das Artes da Imaxe).

    Tamén tivemos a sección de Poesía Galega, na que Gema Millán recitou un poema de Carlos Abeledo Maristany titulado: "O cine" extraído do poemario "Poetas na cociña V" a beneficio da Cociña Económica da Coruña.

    1 hr

About Recendo

From the publisher's feed

Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega.