
Sign up to save your podcasts
Or


Programa número 504, no que entrevistamos a Icía Varela, que nos falou sobre as Cantareiras e Pandeireteiras, homenaxeadas neste Día das Letras Galegas 2025.
Programa número 503, no que entrevistamos a Manuel Martín, voceiro da plataforma SOS Sanidade Pública.
Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente a cargo de Damián Romay.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Luz Pozo Garza titulado "Cantiga para ler en tempo de penumbra".
Programa número 502, no que entrevistamos a Xosé Díaz Arias, fillo de Isaac Díaz Pardo, a quen se lle dedica este ano o Día das Artes Galegas 2025.
Programa número 501, no que entrevistamos a Xosé Manuel Soutullo, Director Xeral da Editorial Galaxia.
Tamén tivemos a sección de Banda deseñada, a cargo de Eduardo Maroño.
Programa número 500, no que entrevistamos a María Xosé Bravo, presidenta da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, que promove este proxecto radiofónico dende o ano 2009.
Tamén participaron diferentes persoas que forman ou formaron parte deste proxecto radiofónico, como Uxía Vázquez, Alberto Cardezo, Naza Roca, Miguel Anxo Facal, Gema Millán ou Roberto Catoira.
Programa número 499, no que entrevistamos a Chus Pato, Premio Nacional de Poesía 2024.
Tivemos a sección de Literatura a cargo de Eva Cameán, da Libraría Clarión, de Carballo.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou o poema de Chus Pato "Deixa ferver o leite..." extraido do seu poemario "Sonora".
Programa número 498, no que entrevistamos a Roxelio Groba Otero, Director da Orquestra de Cámara Galega.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Ricardo Carballo Calero titulado "Se Avalón é a illa das Mazás".
Programa número 497, no que entrevistamos a Sandra López, presidenta, e Lorena Láuzara, voceira da asociación LesCoruña.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema lesboerótico da laureada poeta contemporánea Eli Ríos titulado "Primeira escoita" extraido do poemario "Ningunha tortilla é mala".
Programa número 496, no que entrevistamos a Alejandro Guillán, o líder do grupo Baiuca.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou o afamado poema de Xoán Manuel Pintos "A gaita galega" de 1853.
Programa número 495, no que entrevistamos a Ana Romero Masiá, Directora do Instituto Xosé Cornide de Estudios Coruñeses.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Rosalía de Castro.
From the publisher's feed
Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega.
Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora), Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).
Máis Recendo en:
https://recendoblog.blogspot.com/
https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm