
Sign up to save your podcasts
Or


Programa número 484, no que entrevistamos a Pepe Ferreirós, un dos fundadores do mítico grupo Milladoiro.
Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Damián Romay.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Ricardo Carballo Calero.
Programa número 483, no que entrevistamos a Senén Barro, un dos investigadores principais do Proxecto Nós, que desenvolve a introdución do idioma galego na Intelixencia Artificial.
Programa número 482, no que entrevistamos a Juan Rodríguez, un dos promotores do "Galgo Azul", unha nova libraría que está dinamizando o barrio da Agra do Orzán.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Lois Pereiro.
Programa número 481, no que entrevistamos a Gustavo Del Río, director do grupo de teatro Os Náufragos, e a Sete Eiroa, un dos actores e axudante de dirección da compañía.
Tamén tivemos a sección de Literatura Galega, a cargo de Eva Cameán, da Libraría Clarión de Carballo.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Manuel Rivas.
Programa número 480, no que entrevistamos a varios participantes do proxecto Aquí Tamén se Fala Galego: Arcadio González Nóvoa, profesor de Filosofía e coordinador do EDLG do IES Rafael Dieste da Coruña, que puxo en marcha o proxecto, e a parte do alumnado participante, representado por Elyas El-Jeddab, Celia Morales e Isac Boquete, que cursan 3ºESO no mesmo centro.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Yolanda Castaño.
Programa número 479, no que entrevistamos a Guillermo Baños (presidente) e Marga Vázquez (secretaria) da Asociación Cultural Reino de Galiza.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Celso Emilio Ferreiro.
Programa número 478, no que entrevistamos a Manel Cráneo, o novo director de "Viñetas dende o Atlántico", e a Eduardo Maroño, o noso novo correspondente de Banda Deseñada.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Miguel Anxo Fernán-Vello.
Programa número 477, no que entrevistamos a Xulio Fernández, un dos voceiros da Plataforma Ulloa Viva, que nos falou sobre o proxecto de Altri, e a Damián Romay, do Grupo Naturalista Hábitat, que será o noso novo corresponsal de Medio Ambiente.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Manuel Pereira Valcárcel.
Programa número 476, no que entrevistamos a Sandra Amézaga, secretaria da asociación Mulleres Salgadas, que agrupa ás mulleres do sector pesqueiro de Galicia.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Carmen Torreiro.
Programa número 475, no que entrevistamos ao ilustrador, debuxante e editor de banda deseñada Manel Cráneo, que tamén foi nomeado recentemente novo director do festival "Viñetas dende o Atlántico".
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Emma Pedreira.
From the publisher's feed
Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega.
Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora), Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).
Máis Recendo en:
https://recendoblog.blogspot.com/
https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm