
Sign up to save your podcasts
Or


Programa número 474, no que entrevistamos á acordeonista Sabela Caamaño e á violinista e cantante Antía Ameixeiras, as dúas integrantes do grupo Caamaño & Ameixeiras.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Susana Ye.
Programa número 473, no que entrevistamos a Beatriz Maceda, que xunto a Eli Ríos escribiu o libro "Alma de violino" dedicado a Luisa Villalta, homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2024. Tamén entrevistamos (por vía telefónica) a Laura Suárez, ilustradora do libro.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Luisa Villalta.
Programa número 472, no que entrevistamos a Serxio María Rodríguez Álvarez, da Iniciativa polo Couto Mixto.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Alberto Avendaño.
Programa número 471, no que entrevistamos a Laura Sarasola, unha das integrantes de Caramuxo Teatro.
Programa número 470, no que entrevistamos a Juan Lema Rodicio, presidente da Real Academia Galega de Ciencias. Falounos sobre Xosé Rodríguez González, o "Matemático de Bermés", que é o Científico Galego do ano 2024.
Hoxe estreouse a nova sección de Literatura Galega, a cargo de Eva Cameán, da Libraría Clarión de Carballo.
Programa número 469, no que entrevistamos ao artista e xornalista Siro López.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Luisa Villalta.
Programa número 468, no que entrevistamos á regueifeira Lupe Blanco e a parte do seu alumnado na Escola de Regueifa de Carballo.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Luz Fandiño.
Programa número 467, no que entrevistamos ao bailarín e coreógrafo Fran Sieira.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Emma Pedreira.
Programa número 466, no que entrevistamos ao historiador Felipe Senén López Gómez, que nos falou sobre Francisco Asorey, homenaxeado no Día das Artes Galegas do ano 2024.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Ramón Cabanillas.
Programa número 465, no que entrevistamos ao poeta e mariñeiro Xosé Iglesias.
Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema do propio Xosé Iglesias.
From the publisher's feed
Recendo é o mazagine cultural radiofónico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que trata sobre cultura galega.
Integrantes do programa: Roberto Catoira (técnico-produtor), Javier Pereira (produtor), Gema Millán (locutora-produtora), Marta López (locutora), Diana López (locutora), Naza Roca (locutora), Alberto Cardezo (locutor) e Miguel Anxo Facal (técnico-locutor).
Máis Recendo en:
https://recendoblog.blogspot.com/
https://es-es.facebook.com/recendo.cuacfm