Estreamos podcast cun padriño de excepción, Álex Fidalgo. Xunto a el repasamos con Fer Liñares e Ana Molly, dous dos seus videoxogos favoritos: Day of tentacle e Metal Gear Solid. Sumádevos a revivir (ou descubrir) estes xogos neste podcast de hora e cuarto onde tamén repasamos as novidades da chegada de PlayStation 5 e XBox Series. Programa realizado coa colaboración de Radio Coruña Cadena Ser.
Para máis contido de videoxogos, pásate pola canle de YouTube de Recuncho Gamer, e para estar ao día dos nosos contidos tesnos por Twitter, Instagram, Twitch, TikTok e Facebook como @recunchogamer