A musicóloga Cristina Bordas, referente internacional en organoloxía, condúcenos nun percorrido pola historia das persoas construtoras de instrumentos musicais: artesás, inventoras e enxeñeiras que uniron ciencia, tecnoloxía e arte para facer posible a música.Desde os obradoiros medievais ata as patentes do século XIX, Bordas amosa como a busca da harmonía impulsou avances técnicos e simbólicos, desde o compás e os autómatas ao piano de Cristofori. Un diálogo entre historia, experimentación e creatividade que reivindica o valor das persoas que transformaron o son en patrimonio universal.
Idea orixinal e dirección: Samuel Diz.Guión, produción e locución: Beatriz Fontán.Produción de son: Isaac Palacín.Deseño gráfico: Beatriz Fontán.Revisión lingüística: Olga Nogueira.Intervén: Cristina Bordas.Música: "Toque de clave”, da compositora Gisela Hernández Gonzalo (Cuba, 1912-1971), interpretada por Karla Martínez Rabanal en Música no Claustro 2025.Fotografía de portada: Música no Claustro.