Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Download on the App Store

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais episodes

  • Antonio Suárez: A formación e a certificación dos oficios artesanais
    Antonio Suárez Martín, director do Centro de Referencia Nacional da Artesanía Albayzín, afonda nas limitacións da oferta de formación e as certificacións artesanais, unha das principais dificultades do sector profesional da construción de instrumentos musicais. Retos e oportunidades de futuro que impulsa dende a Escola de formación profesional do Servizo Andaluz de Emprego.
    40 min
  • Mesa redonda sobre o emprego de madeiras galegas II: Montserrat Rodríguez Ogea, Francisco Pedras Saavedra e José Catoira
    A enxeñeira Montserrat Rodríguez Ogea, directora de innovación da Axencia Galega da Industria Forestal-XERA conversa nesta mesa redonda sobre o emprego de madeiras galegas na construción de instrumentos musicais con Francisco Pedras Saavedra, técnico titular do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia-CIS Madeira; e o luthier artesán José Catoira.
    43 min
  • Jonathan Santa María Bouquet: Conversa maxistral de apertura de RESONANCIAS 22
    Jonathan Santa Maria Bouquet é o conservador do Museo de Instrumentos Musicais Santa Cecilia da Universidade de Edimburgo. Nesta conversa maxistral de apertura do foro Resonancias 22 presenta a colección de instrumentos custodiada no museo e os criterios de ampliación da mesma, así como os protocolos de investigación e restauración aplicados. En paralelo reflexiona sobre o equilibrio entre o emprego destes instrumentos históricos en concerto e a súa conservación para as xeracións futuras.
    43 min
  • Elena Fabeiro: A xerente da Fundación Artesanía de Galcia presenta Facemos marca Artesanía de Galicia
    Coidar e protexer os vellos saberes, para fomentar e facer medrar os novos. Esta é a aposta na que a Fundación Pública Artesanía de Galicia, creada pola Xunta de Galicia no ano 2003, focaliza a estratexia de impulso ao emprendemento no sector artesán galego. Incidindo na importancia social, económica, cultural, local e ambiental da artesanía, dende a Fundación traballan na procura dun sector artesán sólido e sostible no tempo, que contribúa ao crecemento da economía galega entorno á potenciación do talento galego.
    7 min
  • Cristina Ramírez e Álvaro Seivane: Retos de mercado e oportunidades dixitáis no horizonte da Axenda 2030
    Construír un instrumento é manter viva a herdanza dunha cultura. Cristina Ramírez e Álvaro Seivane representan a dúas familias senlleiras na construción de instrumentos musicais: Guitarras Ramírez e Gaitas Seivane. Neste conversa comparten o compromiso de manter estas sagas familiares e a salvagarda dun valioso patrimonio inmaterial, así como os retos e oportunidades na transformación do negocio impulsados pola dixitalización e as novas vías de comercialización no horizonte da Axenda 2030.
    16 min
  • Alvaro Seivane e Xosé Manuel Sánchez Rei: Xosé Manuel Seivane no centeario do seu nacemento "A gaita con maiúscula"
    No ano 1921 naceu en Fonmiñá o artesán Xosé Manuel Seivane. O coidado que aplicou na construción das súas gaitas valeulle o recoñecemento de numerosas xeracións. Tras o seu falecemento en 2012, o filólogo Xosé Manuel Sánchez Rei ocupouse de escribir a súa biografía “A Gaita con maiúscula” publicada pola Editorial Canela. Neste libro resultan fundamentais as testemuñas da súa familia, herdanza viva deste legado no obradoiro de Gaitas Seivane.
    14 min
  • Fran Rodríguez: Aportacións artesanais na construción dunha guitarra electrica
    A guitarra eléctrica é un instrumento que está vencellado ás grandes marcas internacionais. O obradoiro Franfret Handmade Guitars, ubicado na Coruña, constrúe cada guitarra desde o diálogo co intérprete. Cada instrumento adáptase ao estilo musical e preferencias da persoa na elección das súas madeiras e tamaño, buscando unha guitarra real, viva e orgánica. Esta idea é a clave do éxito no seu principal mercado: Alemaña.
    14 min
  • Belén Bermejo e Andrés Díaz: Catalogación e divulgación de órganos de Galicia
    Os órganos históricos conforman unha das principais coleccións do patrimonio musical galego. Entre eles atópase o da Catedral de Tui, do século XVIII, restaurado en 1995 por Gerhard Grenzing. Ante a falla de organeiros galegos ao coidado deste legado, Belén Bermejo e Andrés Díaz comezaron en 2007 a confección dun inventario e catálogo para o recoñecemento destes instrumentos, xunto a súa divulgación nos festivais Espazos Sonoros ou De Lugares e Órganos, entre outras iniciativas.
    20 min
  • Samuel Diz: A guitarra de Lorca, un instrumento vivo
    A Casa-Museo Huerta de San Vicente garda a guitarra de Federico García Lorca, construída polo artesán granadino José Ortega sobre 1906. Desde a súa restauración, realizada por Francisco Manuel Díaz en 1996, a guitarra é un instrumento vivo. Samuel Diz, intérprete e investigador da música orixinal da Xeración do 27', gravou na propia casa do poeta o primeiro traballo discográfico realizado con esta simbólica guitarra.
    14 min

About Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

From the publisher's feed

Resonancias é unha plataforma de divulgación de diversas experiencias, reflexións e ideas relacionadas coa investigación, a conservación e a construción de instrumentos musicais. Os contidos deste…