Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Download on the App Store

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais episodes

  • Héctor Salgado: Fuxir do esquecemento. Aproximación ao pandeiro cadrado das Frieiras
    Héctor Salgado, de Morenita Percusións, afronta unha nova investigación etnomusicolóxica da provincia de Ourense. Nas Frieiras, no límite entre Galicia, Castela e Portugal, consérvase un adufe antigo cunhas características singulares que o diferencian dos demais pandeiros peninsulares. A súa adufeira foi Carmen, falecida no ano 1913. Un século despois coñecemos as características organolóxicas deste instrumento de percusión, tales como a súa morfoloxía, a forma constructiva e os materiais empregados.
    13 min
  • Pablo Sánchez Otero: A plantilla de Torres como base de construción da guitarra
    Na segunda metade do século XIX o almeriense Antonio de Torres transformou o concepto de construción da guitarra. Pablo Sánchez Otero descubriu este legado inmaterial de saberes do oficio a través do matrimonio José Luis Romanillos e Marian Harris Winspear. Despois de vivir en Amberes, a comezos de 2020 Pablo instalou o seu obradoiro na Coruña. As súas guitarras están presentes, principalmente, no mercado nipón.
    13 min
  • Xaneco: Percusións de man con novos sistemas de afinación
    Os novos usos dos pandeiros, pandeiras e pandeiretas traen aparellados diversos problemas que hai que solucionar. A motivación do Obradoiro Xaneco desde os seus inicios foi a mellora e innovación destes instrumentos tradicionais de percusión de man. Desde Outeiro de Rei traballa na investigación de novos sistemas de tensión e o emprego de parches sintéticos que permitan controlar a afinación.
    18 min

About Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

From the publisher's feed

Resonancias é unha plataforma de divulgación de diversas experiencias, reflexións e ideas relacionadas coa investigación, a conservación e a construción de instrumentos musicais. Os contidos deste…