Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • Pablo Ramil, profesor de botánica na USC e Director de IBADER. DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS
    Pablo Ramil é profesor de botánica na USC, no campus de Lugo, Director do Instituto de Biodiversidade Agraría e Desenvolvemento Rural ( http://www.ibader.gal/ ) e membro do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia ( https://www.biologosdegalicia.org/ )
    O profesor é experto en humidais e no "Día mundial dos humidais" explícanos que son os humidais, porque son importantes e en que situación se atopan os que hai en Galicia.
    Se che interesa a "Conservación e Xestión de Humidais en Galicia" aquí che deixo a ligazón para que descargues "GRATIS" o libro que o profesor Ramil escribeu xunto con Gómez-Orellana e Ferreiro da Costa.
    ( http://www.ibader.gal/ficha/160/799/Conservacion-e-Xestion-de-Humidais-en-Galicia.html )
    Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast.
    11 min
  • SALTA DA CAMA luns 01-02-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns
    David Camba García patentou o Ecotab, un tableiro con certificado “deforestación 0” co que gañou o 1º Premio da Aceleradora de empresas Ría de Pontevedra.
    Ana Miranda Paz , a Eurodeputada analiza o proceso de investigación da European Commission Comisión Europea en España ao Sergas tras a denúncia do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita e a situación que se está dando pola compra de vacinas por parte da Unión Europea.
    REGALAMOS UNHA PIZZA AO DÍA DE Mr Pizza Estrada e buscamos ao/a acompañante de bus máis molón/a da comarca
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    1 hr 29 min
  • Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa, fala da investigación, da comisión, ao Sergas e da compra de vacinas Covid-19
    Fai máis dun ano a plataforma "Enfermermeiras Eventuais en Loita" ( https://www.enfermeirasenloita.es/) presentaba unha denuncia en colaboración coa portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, ante o comité de peticións do Parlamento Europeo.
    Unha denuncia que intenta poñer en debate a situación de precariedade e incerteza laboral na que se atopan as enfermeiras do Servizo Galego de Saúde “debido ao uso abusivo dos contratos laborais temporais“.
    Escoitamos a intervención de Catuxa Lagarón, que presentou por vía telemática a denuncia cun relato detallado da situación na que viven máis de once mil enfermeiros inscritos nas listas de contratación temporal.
    Desde o grupo demócrata-cristián, pasando polo Grupo Verde, a Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas, o Grupo de Esquerda e Renew Europe, todos eles sen excepción, acordaron seguir adiante coa petición aberta e instaron a seguir investigando, así como a para reclamar datos da Administración da Xunta de Galicia.
    Tamén falamos da compra de vacinas por parte da Unión Europea e do comportamento que están a ter as farmacéuticas nesta situación límite de pandemia mundial.
    25 min
  • David Camba patentou o ECOTAB, tableiro (deforestacion 0), feito con desperdicios agroforestais.
    David Camba é un xove de Caldas de Reis, interesado na economía circular, que patentou o ECOTAB. Un tableiro para o sector da madeira, con certificado "Deforestación cero" que está feito con desperdicios agrícolas e forestais.
    Con esta iniciativa, David, gañou o 1º Premio da Aceleradora de Empresas Ría de Pontevedra. Agora está pendiente dunha axuda da administación para continuar co seu proxecto, do cal xe ten pedidos a nivel internacional.
    O xoven segue traballando na firma Martinez Otero da Estrada, coa que ten montado tendas do grupo Inditex por todo o mundo e á cal está agradecido por darlle facilidades para que poida seguir formándose e continuar co seu proxecto, ecolóxico e sostible.
    Do mesmo xeito ten outros proxectos en marcha como a tenda online "Podiium Store": https://www.instagram.com/podiiumstore/
    17 min
  • Entrevista a MUERDO, novo disco "LA SANGRE DEL MUNDO"
    Novo disco de MUERDO, o 5 de marzo 2021, sairá o seu novo traballo, "LA SANGRE DEL MUNDO".
    É o 5º albúm de estudo do músico murciano, é unha viaxe de Muerdo a través da música entre o Sur de Europa e o Sur de América, cancións de ida e volta que son mezcolanza entre o folclore e as músicas actuais. Contido poético e social sobre ritmos e sons latinos e mediterráneos, aderezados coas colaboracións de Lido Pimienta, Perotá Chingó, Chancha Vía Circuito y Niño de Elche.
    Sen dúbida o traballo máis maduro de Muerdo, ata a data, no que acaba de definir un son propio e inconfundible.
    Destacar o deseño do álbum que está realizado por Asís Percales.
    “La sangre del mundo”,
    https://www.youtube.com/watch?v=nfF_Et0wQQo
    “Yo pisaré las calles nuevamente”, https://www.youtube.com/watch?v=EkmylK-sGwY
    “Mensajero”,
    https://www.youtube.com/watch?v=_vUhxNUCMA0
    "Aguacero",
    https://www.youtube.com/watch?v=sMEYjp4S-Uk
    19 min
  • Entrevista a Narci Rodíguez Da Trío, novo EP "INMERSIÓN NO BALEIRO CUÁNTICO"
    INMERSIÓN NO BALEIRO CUÁNTICO é o novo EP do dA trio de Narci Rodríguez. Gravado en Pouland Estudios o trío publica, cunha diferenza de 12 meses, o seu segundo traballo discográfico despois da súa aclamada ópera prima: REFLEXIÓNS, que os levou a ser finalistas dos Premios Martín Códax da Música 2020 e dos Aritmar Galiza e Portugal 2020. Chega como resultado dos novos conceptos musicais e experimentais do trío. Plasmados en 6 cancións e condensado nun enorme baleiro, o dA Trío e o propio Narci Rodríguez propoñen ao ouvinte manter a súa mente alerta, aberta e agardar calquera posibilidade sonora do decurso das novas cancións.
    dA trío
    Nace no 2019 como concepto e idea por parte de Narci Rodríguez (vocais e baixos) en conxunción con Ilmarto (baterías) e Zalo Ródriguez (teclas e sintetizadores). Traballo de autor en diferentes linguas, con predominio do galego, con breve historia pero con moita proxección futura. dA trío preserva as boas formas do groove, as mesturas electro-acústicas e a procura da música como motor de concienciación humana.
    Narci Rodríguez cantante, beatboxer e multiinstrumentista especializouse en diferentes disciplinas no eido da voz. Con formación e background plenamente jazzistico instálase en Galicia despois de residir en varios lugares do mundo na procura de diferentes esencias musicais.
    PUNTOS DE VENDA: Exclusivamente na web https://narcirodriguez.com/
    VIDEOCLIP/ 1º SINXELO DE "INMERSIÓN NO BALEIRO CUÁNTICO", FATTY GROOVE: https://www.youtube.com/watch?v=DYQT0Gus2BU
    13 min
  • SALTA DA CAMA venres 29-01-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns
    Narci Rodriguez preséntanos o seu novo EP, “INMERSIÓN NO BALEIRO CUÁNTICO”. Seispés Producións Creativas.
    Muerdo preséntanos “LA SANGRE DEL MUNDO” un viaxe de sensacións e sonidos entre o sur de Europa e América Latina.
    Promociones sin Fronteras Warner Music Spain.
    REGALAMOS UNHA PIZZA AO DÍA DE mrpizzaestrada e buscamos ao/a acompañante de bus máis molón/a da comarca
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    1 hr 30 min
  • María Jesús Iglesias Briones, Catedrática Dept. Ecoloxía e Bioloxía Animal, da Universidad de Vigo QUECEMENTO TER
    No Día Mundial de Acción Fronte ao Quecemento Terreste, falo con María Jesús Iglesias Briones, Catedrática do Dept. Ecoloxía e Bioloxía Animal, da Universidad de Vigo, experta en cambio climático e en solo.
    Non te perdas as explicacións de como incide o quecemento global no noso entorno máis próximo, e de como inciden os cambios do entorno no quecemento global.
    Podes consultar o seu traballo na seguinte ligazón: https://bidi.uvigo.gal/gl/investigador/maria-jesus-iglesias-briones
    Colexio de Biólogos de Galicia: https://www.biologosdegalicia.org/
    Foto artigo de Gciencia: https://www.gciencia.com/medioambiental/presentan-o-atlas-global-da-biodiversidade-do-solo-a-enciclopedia-do-chan-terrestre/
    24 min
  • SALTA DA CAMA xoves 28-01-2021 (programa completo)
    #SaltaDaCama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns
    “Ricas e Famosas”, repaso ás portadas das revistas do ♥️
    María Jesús Iglesias Briones, catedrática de bioloxía da Universidade de Vigo . Colexio Oficial de Biólogos de Galicia
    REGALAMOS UNHA PIZZA AO DÍA DE mrpizzaestrada e buscamos ao/a acompañante de bus máis molón/a da comarca
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    1 hr 26 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!