Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • SALTA DA CAMA mércores 10-02-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns
    Tamara Díaz, coordinadora de auxiliares de AXUDA no FOGAR
    Clara Torres, Dietista Nutricionista consellos para levar unha dieta equilibrada e ricas receitas cos productos do Novo Mercado da Estrada e ACOE - Asociacion de Comerciantes de A Estrada e Na Estrada,en Galego
    REGALAMOS UNHA PIZZA AO DÍA DE mrpizzaestrada
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast.
    1 hr 34 min
  • Verónica Barros, BARROS PSICOLOGIA, analiza como se invisibilizou á muller ao longo da historia.
    No Día Mundial da Muller Médica, a psicologa Verónica Barros analiza como se invisibilizan os logros obtidos polas mulleres científicas ao longo da historia. E tamén como se asocian os traballos aos xéneros.
    Mulleres científicas galegas:
    https://www.gciencia.com/8m/21-cientificas-galegas-que-tes-que-conecer/
    Ademáis recoméndanos o libro de MARÍA ORUÑA, "El bosque de los cuatro vientos".
    https://www.todostuslibros.com/libros/el-bosque-de-los-cuatro-vientos_978-84-233-5754-3
    Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
    Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
    Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
    Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast.
    11 min
  • Carlos Martinez, alcalde de Vedra fai un repaso á situación Covid-19 do concello.
    O Concello de Vedra ven de realizar un cribado masivo, entre os seus veciños/as. O Alcalde, Carlos Martínez fai un repaso á situación que está vivindo o concello e analiza os datos recollidos polos sanitarios.
    Tamén fala das propostas de sancións que se van a tramitar e da aparición dunha serie de estafadores que se fan pasar por operarios da empresa Microsoft para acceder aos domicilios dos veciños/as
    Concello de Vedra:
    https://www.concellodevedra.es/
    Facebook: https://www.facebook.com/concellodevedra
    Teléfonos:
    Atención permanente: 629661685
    Servizos sociais: 981814693
    10 min
  • Na Estrada, en galego fai un ano. 30 negocios asociados ao redor do galego, grazas á idea dunha moza de 2º de Bach.
    Andrea Mosterio é unha moza que cursa 2º de bacherelato, e a través da asociación "Na Estrada, en galego" xuntou a 30 negocios que utilizan como lingua vehicular o galego.
    Hoxe fai un ano este fermoso proxecto, que nace da paixón de Andrea pola lingua galega e do interese na súa difusión, tanto por ela como por todos os negocios que a seguiron nesta andaina.
    A lingua, ademáis de ser nexo de unión e de proximidade cos veciños/as da contorna, funciona como valor diferencial do negocio.
    Máis información:
    Facebook: https://www.facebook.com/NaEstradaengalego
    Instagram: https://www.instagram.com/naes_tradaengalego/
    Blog: https://naestradaengalego.blogspot.com/
    Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast.
    16 min
  • SALTA DA CAMA martes 09-02-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    @pasteleria_mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns
    Carlos Martínez, Alcalde do Concello de Vedra
    Barros Psicología achéganos ditos e consellos interesantes para coñecernos a nós mesmos e o nosso entorno
    Andrea Mosteiro Sanxiao , Na Estrada,en Galego fai o seu primeiro aniversario
    REGALAMOS UNHA PIZZA AO DÍA DE mrpizzaestrada
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast.
    1 hr 27 min
  • Iván Touris, Banco de Electrónica do Concello de Teo
    Iván Tourís, prepara ordenadores, dende o banco de electrónica do Concello de Teo, para a xente que o precise.
    Dende que comezou a pandemia levan dados 40 ordenadores para que os nenos/as do concello poidas seguir coa súa educación.
    Teléfono Concello de Teo: 981809707
    Voluntariado Teo: https://www.teo.gal/gl/servizo/voluntariado
    Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast.
    11 min
  • A compañía telefónica doulle o noso número a outro usuario. ¿Como reaccionou ao recibir mensaxes das
    Kike Montáns, foi a mercar unha tarxeta telefónica de prepago e deronlle o número de WhatsApp de Radio Estrada (644165966). A súa sorpresa foi maiúscula cando comezou a recibir mensaxes para o consurso das "Acompañantes (de bus) Molonas". El non entendia nada, pensou que era un servicio de acompñantes.
    Escoita a divertida entrevista da tarxeta de Whatsapp que foi dende A Estrada a Motril e como grazas a boas persoas como Kike, volveu á Estrada.
    Ademáis Kike Forma parte da Orquesta EUPHORIA TROPICAL: https://www.facebook.com/euphoriatropical
    Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast.
    19 min
  • SALTA DA CAMA luns 08-02-2021
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns
    Kike Montans, devolveunos o número de WhatsApp de Radio Estrada.
    Ivan Touris Fresco do Banco de Electrónica do Concello de Teo
    REGALAMOS UNHA PIZZA AO DÍA DE mrpizzaestrada
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    1 hr 29 min
  • ITH, presenta NOVO DISCO "FREAR O MOMENTO"
    A COÑECIDA BANDA DE ROCK DE XANCEDA PRESENTA O SEU QUINTO DISCO: FREAR O MOMENTO
    Ith é un príncipe celta que dá nome ao grupo que forman Miguel, Toxo, Alberto, Gonzalo, e Lucía. Este grupo de Xanceda (Mesía, A Coruña) e arredores que xa é un auténtico estandarte da música do país, mantén o principio de facer rock galego e en galego desde os seus inicios. Así mesmo, e ao longo destes anos, realizaron numerosas actuacións pola xeografía galega. Algunhas delas, ademais, compartindo cartel e escenario con grandes bandas do panorama musical español como Los Suaves ou Celtas Cortos.
    A música de ITH guíase polas influencias de diversos grupos do rock, do heavy ou do pop, influencias que achegan cada unha das persoas que integran a banda, e que se aglutinan nos seus temas.
    “Frear o momento” é o quinto traballo discográfico de Ith. Os oito temas que o conforman beben da creatividade dos últimos dous anos. Fieis ao puro estilo da música rock, os temas tratan temas ben diversos entre si, mais todos xiran arredor dun eixo común: a reflexión.
    O disco abre co tema “Aloumiños que festexan”, unha peza rockandrollera inspirada na enerxía que poden chegar a quitar e a achegar ao mesmo tempo as crianzas á vida das persoas adultas. A este primeiro tema séguelle “O indefendible”, que non é senón un canto ao “terra, trágame”: algo co que non te identificas é, xa que logo, un “produto” indefendible. A terceira canción leva por título “Fasquía de cristal”, un medio tempo pesimista que filosofa sobre a enfermidade e sobre a lóxica desta vida. Con “Sen mirar atrás” o grupo muda de discurso cara ao optimismo e a esperanza: a vida só é unha, polo que cómpre aproveitala e amar a quen se ama, sen prexuízos nin estereotipos, mesmo se iso implica deixar atrás media vida e romper con clixés sociais. “Máis aló” é un canto ao activismo e á necesidade de crear piña para mellorar as condicións dos colectivos. Trátase dun berro de rexeitamento ao egoísmo. A sexta canción titúlase “(Des)estimativa”, un tema con moita forza que toma forma de crítica á sociedade estamental (que non clasista) na que algunhas persoas cren vivir. A letra insiste na pouca capacidade que moitas veces temos de estimar o valor dos acontecementos.
    Esta vai seguida por “Frear o momento”, que dá nome ao disco, unha composición convertida nunha lección de vida que deixa claro que os sentimentos non se escollen, polo que non se debe ir en contra deles. “O destino” pon o broche final ao disco, teimando en que o destino non está escrito, polo que cómpre avanzar e abrir moitos camiños, pois nalgún deles atoparemos o noso sitio.
    “Frear o momento” é un disco autoproducido por Ith e gravado en Abrigueiro Estudios (Friol, Lugo), da man de Arturo Vaquero, entre os meses de outubro e novembro de 2020. Estará dispoñible en formato físico a partires do 15 de decembro e en tódalas plataformas dixitais o día 18.
    ITH - Videoclip de ALOUMIÑOS QUE FESTEXAN (Frear o momento, 2020)
    https://www.youtube.com/watch?v=utoZ_f74dL0
    Vídeo da gravación do disco: https://www.youtube.com/watch?v=b99PDbSoQVk
    Facebook: https://www.facebook.com/ithrock
    Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCVVBrl67cnXn-Nz3KSNuaEQ
    Spotify: https://open.spotify.com/artist/7I60al0toB45OvBsQHDHfV
    Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast.
    18 min
  • SALTA DA CAMA venres 05-02-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns
    ITH presenta o seu novo disco “FREAR O MOMENTO” (Seispés Producións Creativas)
    Daniel Minimalia Daniel Minimalia , o Primeiro Galego en gañar un Latin GRAMMYs e o primeiro español en gañar dous Hollywood Music In media Awards
    REGALAMOS UNHA PIZZA AO DÍA DE mrpizzaestrada
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast.
    1 hr 33 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!