Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • Lorena Penas, ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN. Guía básica para entender e falar o idioma das redes sociais.
    Lorena Penas é a socia fundadora de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á comunicación dixital.
    Hoxe achéganos unha "Guía básica para entender e falar o idioma das redes sociais".
    Máis Información en:
    https://actualizadoscomunicacion.com/guia-basica-para-entender-y-hablar-el-idioma-de-las-redes-sociales/
    Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    Twitter:
    https://twitter.com/actualizadoscom
    Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" a este podcast.
    17 min
  • SALTA DA CAMA luns 15-02-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns
    Laura Prado da Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia (ASANOG).
    Lorena Penas Rey de Actualizados Comunicación
    REGALAMOS UNHA PIZZA AO DÍA DE Mr.Pizza Estrada
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" a este podcast.
    1 hr 27 min
  • Irene Marín, UNICEF Comité Galicia, DIA MUNDIAL CONTRA O USO DE NENOS/AS SOLDADO
    Este 12 de febreiro, cando o mundo conmemora o Día Internacional contra o Uso de Nenos Soldado ( https://www.unicef.es/ninos-soldado ), UNICEF lanzou unha serie de vídeos titulada "Cando pecho os ollos" ( https://weshare.unicef.org/C.aspx?VP3=SearchResult&LBID=2AMZKTWOOII&IT=Thumb_FixedHeight_M_Details_ToolTip#/SearchResult&LBID=2AMZKTWOOII&IT=Thumb_FixedHeight_M_Details_ToolTip&VBID=2AMZVN20NO9V ). Esta serie baséase en experiencias reais de nenos de Sudán do Sur e ten como obxectivo chamar a atención sobre os efectos psicolóxicos que ten nos nenos o ser utilizados por forzas e grupos armados. Despois de ser liberados ou escapar, os nenos adoitan lidar con pesadelos, comportamentos agresivos, pensamentos intrusivos e ansiedade.
    A saúde mental é moi importante para o desenvolvemento dos nenos, pero a miúdo pásase por alto ou non se atende, xa que os fráxiles sistemas sanitarios loitan por satisfacer as necesidades máis básicas. En Sudán do Sur, onde a cantidade de nenos utilizados en conflitos armados é alta, só hai tres psiquiatras, 23 psicólogos e unha sala psiquiátrica con camas limitadas. Co peche de escolas debido á COVID-19, perdeuse outro espazo importante para o apoio psicosocial, o que empeora unha situación xa difícil.
    Os traballadores sociais son a columna vertebral do programa de reintegración apoiado por UNICEF para nenos asociados con forzas e grupos armados. A cada neno asígnaselle un traballador social que lle acompaña durante tres anos para axudarlles a procesar as experiencias difíciles e reconstruír as súas vidas e o seu futuro. Con todo, o programa tivo un déficit de financiamento do 73% o ano pasado e non tivo a capacidade para responder a todas as necesidades.
    A natureza das violacións dos dereitos destes nenos fai que sexa difícil estimar cantos están a ser ou foron utilizados por forzas e grupos armados, pero segundo os numerosos informes, UNICEF asume con seguridade que hai miles só en Sudán do Sur. UNICEF necesita 4 millóns de dólares (case 3.300.000 euros) para o programa CAAFAG en Sudán do Sur durante 2021.
    Desde 2013, UNICEF apoiou a liberación e reintegración de 3.785 nenos vinculados a forzas e grupos armados en Sudán do Sur. No marco da Comisión Nacional de Desarmamento, Desmobilización e Reintegración do goberno de Sudán do Sur, os nenos liberados son acollidos en centros de atención provisional establecidos por UNICEF e os seus aliados, onde reciben artigos de primeira necesidade como roupa, alimentos e atención sanitaria. Logo inclúeselles nun rexistro e comézase a rastrexar ás súas familias para, se é necesario, lograr a reunificación. Tamén reciben asesoramento e outros servizos de apoio psicosocial. Ademais, axúdaselles a reintegrarse social e economicamente, ofrecéndolles medios de vida, acceso a actividades xeradoras de ingresos e capacitación. UNICEF deseña, para cada neno, un plan multisectorial de tres anos co fin de garantir que reciba o seguimento e o apoio que necesita.
    Máis Información:
    Páxina Web: https://www.unicef.es/
    Teléfono: 900907133
    Twitter: https://twitter.com/UNICEFGalicia
    Facebook: https://www.facebook.com/unicef.es
    Instagram: https://www.instagram.com/unicef_es/
    YouTube: https://www.youtube.com/c/UNICEFEspa%C3%B1a
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast.
    14 min
  • Iván de Sarandón explícanos como van a celebrar o ENTROIDO en VEDRA
    EN CORENTENA, VEDRA NON PARA!
    DISFRÁZATE NA CASA!!
    Este ano non podemos disfrazarnos nin facer un montón de tolerías, pero imos intentar manter vivo o entroido, manter o espírito. Dende o concello queren animarvos a que desfrutedes destes días é que vos disfracedes, e bailedes na casa, e comades cocido, as orellas, as filloas,..
    A proposta é un pequeno concurso de fotos.
    Disfrázate na casa e sube a túa foto!!!!! Entraredes no concurso de sete vales para gastar no comercio local. Os premios son os seguintes:
    • Premio a foto máis votada: un vale de compra por valor de 100€.
    • Sorteo entre as fotos participantes: cinco vales de compra por valor de 50€.
    • Sorteo entre os votantes das fotos: un vale de compra por valor de 30€.
    Podedes participar dende o venres 12 de febreiro ata o 21 de febreiro. Podedes subir un máximo de tres fotos, pero con disfraces distintos.
    Visita a páxina do concurso na seguinte ligazón na que atoparedes as bases e toda a información.
    https://campaigns.cool-tabs.com/widget/promos/ADyao9a?locale=gl&v=c5fa1&fbclid=IwAR0iOUm-9aGJtNpWTBP2a38K_DvuFPV2j2yoVS0tcoNH4zvO1pppuATlUa8
    Páxina concello: https://www.concellodevedra.es/
    Facebook: https://www.facebook.com/concellodevedra
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast.
    8 min
  • SALTA DA CAMA venres 12-02-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pasteleria mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns
    Irene Marín, de Unicef Comité Galicia, fala da situación dos menos soldado.
    Iván de Sarandón fálanos do entroido no Concello de Vedra
    REGALAMOS UNHA PIZZA AO DÍA DE Mr. Pizza A Estrada
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast.
    1 hr 27 min
  • NON VALE FURAR, Os xornalistas Bieito Baliño e Dani Cabo crean unha canle no que analizan o fútbol galego dende a base
    NON VALE FURAR é unha canle de Youtube, creada polos xornalistas Bieito Baliño e Dani Cabo, onde analizan o fútbol galego dende a base ofrecendo información, opinión e humor a partes iguais, a todos os seus seguidores.
    ️ "O fútbol galego segue gozando de moi boa saúde, hai moito potencial".
    Se che gusta o fútbol escoita a estes dous cracks.
    Canles:
    ✔️ Youtube
    https://www.youtube.com/channel/UCdB4vQ6e70iiX9OdJ8t--ww
    ✔️ Twitter
    https://twitter.com/NVFGalicia
    ✔️ Instagram
    https://www.instagram.com/nvfgalicia/
    ✔️ Facebook
    https://www.facebook.com/nonvale.furar.5/about
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast.
    17 min
  • Rocío Rodríguez Torres, científica:"Temos que concienciarnos, que non importa o xénero á hora de adicarse á ciencia"
    Rocío Rodríguez Torres é Licenciada en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo. E ten un Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible na Universidade de Vigo.
    Tras moitos meses de búsqueda de traballo en España, conseguiu unha beca da Xunta de Galicia (Galeuropa), para facer una estancia de catro meses nunha institución europea. Agora leva catro anos e medio en Dinamarca traballando en ciencia e dous anos facendo un doutoramento na Universidade Técnica de Dinamarca. O doutoramento é un proxecto no que estuda o impacto dos microplásticos nas redes tróficas mariñas (ecosistemas mariños). Grazas a este doutoramento viaxou e investigar en diferentes ambientes (Ghana, Groenlandia).
    ️ "Os seres humanos inxerimos o plástico equivalente a unha tarxeta de crédito á semana".
    ️"No futuro gustaríame seguir traballando no mundo académico e na investigación científica. Pero é moi
    complicado e non sei aínda se será posible. Nesta situación actual non se poden facer moitos plans de
    futuro asique por agora toca rematar co doutoramento e ir pensando paso a paso".
    ️"Acerca de ser muller e traballar en ciencia, existe una clara desventaxa cando eres muller. Eu síntome
    afortunada pola situación na que me encontro pero teño compañeiras que non poden dicir o mesmo".
    ️"sempre te atopas con comentarios e comportamentos machistas, froito da sociedade na que vivimos".
    ️"Hai que facilitar que as nenas e as mulleres tamen nós sintamos co dereito e a capacidade que temos para poder ser científicas".
    Coñece o traballo de Rocío:
    ✔️ https://www.dtu.dk/english/service/phonebook/person?id=116833&cpid=&tab=2
    ✔️ https://www.sciencedirect.com/science/article/abs/pii/S0048969720347938
    ✔️ https://marineplastic.dk/home_en.html
    ✔️ https://www.sciencedirect.com/science/article/abs/pii/S0166445X20303817
    ✔️ https://scholar.google.dk/citations?user=24Rs3lEAAAAJ&hl=en
    ✔️ https://www.researchgate.net/profile/Rocio_Rodriguez_Torres
    Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast.
    27 min
  • SALTA DA CAMA xoves 11-02-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns
    Non Vale Furar e unha canle de YouTube e Twitter onde de analiza o fútbol galego Real Federación Galega de Fútbol - Futgal
    Rocío Rodríguez Torres é unha científica estradense que está en Dinamarca estudando o efecto dos microplásticos nas cadeas tróficas
    REGALAMOS UNHA PIZZA AO DÍA DE mrpizzaestrada
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    : @pablochichas
    ☎️: 986675149
    : 644165966
    1 hr 33 min
  • Tamara Díaz, coordinadora do servizo de AXUDA NO FOGAR. "Se non se avisa dos posibles síntomas, pode ser catastrófico".
    Tamara Díaz é traballadora social e coordinadora do servizo de "Axuda no fogar" no concello da Estrada e Cuntis.
    Tamara explícanos claramente os servizos que ofrecen aos usuarios/as, e como é o seu día a día. Fálanos das situacións e protocolos que teñen que afrontar as/os traballadores/as e usuarios/as do servizo de "Axuda no fogar", mentras agardan ser vacinadas/as. Tamén expresa o seu desexo de que se vacinen aos usuarios/as e que xa solicitaron a realización dun cribado tanto a auxiliares como usuarios/as, que aínda non se levou a cabo.
    Ante todo, recorda a importancia da colaboración dos familiares e dos propios usuarios/as, do uso da máscara non só por parte das auxiliares, se non por todas as persoas que están no domicilio durante o servizo e non ocultar sospeitas de síntomas e avisar se un usuario vai a que lle fagan unha PCR.
    Más información:
    ¿Como solicitalo?
    http://www.aestrada.gal/index.php/gl/guia-de-tramitacion/a-persoa/216-servizo-de-axuda-no-fogar
    Páxina: http://www.axudaservizos.com/
    Facebook: https://www.facebook.com/axudaservizos
    Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast.
    17 min
  • Clara Torres, Dietista Nutricionista. DÍA MUNDIAL DOS LEGUMES
    Clara Torres, Dietista Nutricionista, falanos, no "Día Mundial dos Legumes", das súas propiedades e beneficios. E danos receitas para poder disfrutar da versatilidade dos legumes facendo, ricos e sanos pratos diferentes e variados todos os días.
    Como cada mércores, día de feira na Estrada. Paseamos pola praza de abastos para elaborar ricas receitas cos productos frescos e de proximidade, que nos ofrecen os/as nosos/as praceiros/as.
    Clara Torres: https://www.facebook.com/Clara-Torres-Dietista-Nutricionista-523425044490653
    Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast.
    16 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!