Os que facemos o programa Sempre Queda o Rock non temos palabras para describir o vivido este Sábado no mesón Txistu de Madrid. Mais de 40 persoas cruzamos a meseta acudindo á chamada do noso amigo Jose Portas, para presentar as actividades da nosa asociación en Madrid. Xa a idea en si era atractiva, pero todos quedamos coa boca aberta segundo se ían sentando na mesa do programa os amigos de Portas, que amablemente nos regalaron un pouco do seu tempo libre para acompañarnos e darnos palabras de ánimo. Un auténtico pracer escoitar a xente tan grande como Fernando Romay (non vai con segundas), Alberto Granados, Ramoncín, Juan Pablo Ordúñez "el Pirata", Vicente Mariskal Romero, Juan Echanove, Josep Pedrerol, Paco Buyo, Iñaki Cano ou Raul Gomez. Case dúas horas dun programa inesquecible, dirixido e presentado con mestría por Sergio Santiso que nos pasaron voando hipnotizados polo carisma e magnetismo dos invitados a os que por suposto, invitamos a Ponteareas para a cuarta edición do Rock in Río Tea en 2016. Moitas grazas ó Mesón Txistu por deixarnos montar o noso "chiringuito" no seu local, a todos os amigos que percorreron os 580 kilómetros, aos invitados ilustres que sacrificaron parte do seu tempo de descanso para estar con nós, e sobre todo a Jose Portas con quen estaremos sempre en débeda.
E o Mércores cos Suaves na cafetería Monet. O Rock non para !!!!