Espiritismo, invocacións, aparicións, velas, Georgie Dann... e moito Joao. Que programa !!!
O capítulo 68 de Sempre Queda o Rock foi realmente especial. Unha vez mais innovando, o equipo de Sempre Queda o Rock invocou en directo o espíritu de Joao Tomba, con un impresionante Pachi Jimenez nunha cerimonia na que utilizou as palabras de Georgie Dann para provocar a aparición de Joao.
A cerimonia provocou unha simbiosis co numeroso público do Eiravella, que gozou co divertidísimo directo de Joao e coas súas reflexións. Tamén nos volveu a marabillar Pepe que nos trouxo un par de cancións que foron protagonistas da guerra de Vietnam. Que ben o pasamos !!!!