Episodio 92 de Sempre Queda o Rock. Dende a mítica Casa Fortes de Cans, falamos a reo do inminente Festival de Cans. Aínda que para case ninguén necesita presentación, coñecimos de primeira man as interioridades do festival, falando con Alfonso Pato o seu director, Falamos tamén con Queca Losada, presidenta da asociación Arela que nos contou a relación do festival cos veciños de Cans, e do premios "Can de Prata", que este ano foron para Manolo e Chelo da casa do Cid. Manolo, membro do xurado nos deu a súa particular visión do Festival poñendo patas arriba ó persoal.
Tivemos con nos a Indi Tumbita, que nos axudou a invocar o espírito de Joao Tomba coa axuda de Pachi Jimenez, o noso espirituista de cabeceira. Nos regalou tres cancións en directo coa axuda da Orquesta TDK cheas de locura e entrega, poñendo literalmente en pé a toda a xente que estábamos en Casa Fortes.
Unha experiencia inolvidable que seguro que repetiremos.