Sesións Plenarias Corporación Municipal de Tui

Sesións Plenarias Corporación Municipal de Tui

By Radio Municipal de TuiNewsPolitics
Download on the App Store

Sesións Plenarias Corporación Municipal de Tui episodes

  • Sesión Plenaria Ordinaria 12/2019 da corporación municipal de Tui
    A corporación municipal de Tui celebrou o xoves, 26 de setembro de 2019, ás 20 h sesión plenaria ordinaria a nº 12/2019.
    A orde do día foi a seguinte:
    A) Parte resolutiva
    1. Aprobación de actas das sesións anteriores ordinaria nº 10 de 24/07/2019 e extraordinaria nº 11 de 03/09/2019.
    2. Expediente 366/2019. Proposta de Alcaldía, de data 16/09/2019, de aprobación da apertura dun novo período de información pública do Inventario de vías e camiños municipais do Concello de Tui.
    3. Expediente 2092/2019. Proposta alcaldía 16/09/2019 aprobación inicial ordenanza reguladora das axudas a rehabilitación de edificios, vivendas e urbanización no ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui.
    4 . Expediente 785/2019. Proposta de data 04/09/2019 da Concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns. Aprobación da Conta Xeral do Exercicio 2018
    5. Ditame da Comisión Informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deporte relativa á “Proposta de 16/09/2019 para a designación de festivos locais do concello de Tui para o ano 2020."
    6. Ditamen da Comisión Informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deporte relativa á “Proposta de data 16/09/2019, relativa á creación dun servizo de saúde mental ambulatoria polo Sergas, como recurso básico de atención especializada na Mancomunidade do Baixo Miño, no centro de saúde de Tui."
    7. Ditame da Comisión Informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deporte relativa á “Proposta de 16/09/2019 solicitando requirir á Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra un trato preferente ao Camiño Portugués interior fronte ao Camiño Portugués pola Costa."
    8. Ditame da Comisión Informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deporte relativa á “Proposta de 16/09/2019 solicitando requirir aos organismos correspondentes medidas para erradicar as especies invasoras do río Miño."
    9. Expediente 708/2019. Organización e Disposicións Comúns de Control Interno: Dación en conta de acordos de levantamento de reparos interpostos pola Intervención Municipal. Exercicio 2018
    B) Actividade de control
    10. Posta en coñecemento de escritos dos grupos politicos municipais designando membros das comisions informativas
    11. DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DO Nº 835 DE 19/07/2019 ATA O Nº 1059 DE 20/09/2019
    12. Dación de contas das subvencións e disposicións de interese dos meses de agosto e setembro de 2019.
    C) Rogos e preguntas
    3 hr 52 min
  • Sesión Plenaria Extraordinaria Urxente 11/2019 da corporación municipal de Tui
    A corporación municipal de Tui celebrou o martes, 3 de setembro de 2019, ás 20 h sesión plenaria extraordinaria e urxente a nº 11/2019. A orde do día foi a seguinte:
    A) Parte resolutiva:
    1º.- Ratificación da Urxencia da sesión, (art. 46.2b) da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
    2º.- Expediente 857/2019. Proposta de Alcaldía, de data 30/08/2019, de corrección de erros das Bases reguladoras de axudas para a reparación de danos en vivendas da denominada "Zona Cero", situada no barrio da Torre, parroquia de Paramos.
    17 min

About Sesións Plenarias Corporación Municipal de Tui

From the publisher's feed

Audio das sesións plenarias da corporación municipal de Tui retransmitidas en director pola Radio Municipal de Tui