Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Polas cantareiras pasadas, presentes e futuras
    Ángel Suances achégase ás figuras que personifican, nestas Letras Galegas 2025, a poesía popular oral. E faino falando coas asociacións culturais Raigañas e Malante (herdeiras das pandeireteiras de Mens , Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameijenda), presentes no acto institucional da Xunta. E tamén co gupo "Xunqueira", das Encrobas e coa cantareira Rosa Balbina Barbeito, sucesoras de Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; para rematar en Muxía, lembrando a Eva Castiñeiras, coas voces da Asociación Cultural Abaladeiras e da académica Ana Boullón.
    19 min
  • O legado das pandeireteiras de Mens
    Óscar Perez, Leo Cousillas e Candela Lema explican que o principal obxectivo deste post é "recoller o legado das pandereiteiras de Mens e darlle continuidade"; a vez que é unha homenaxe a todas as cantareiras, e ás asociacións culturais que retomaron e proseguiron ese camiño.
    13 min
  • Xosé Manuel Varela presenta "Pandeireteiras"
    "Pandereiteiras" é unha obra de Xosé Manuel Varela e da súa filla Icía Varela, ilustrada por Nerea Gómez. Durante a entrevista , o filólogo e escritor destacou que "Bergantiños é un verxel", na tradición oral galega. Unha tradición recollida noutro libro seu "Cantareiras", un percorrido, en catro etapas, pola herdanza e pegada da música e poesía popular.
    9 min
  • Cantareiras para a rapazada
    Eva Mejuto compila algúns dos últimos libros infantís sobre as cantareiras. Dinguirindiña. A viaxe de Saleta a pandeireta con texto do grupo Caldo e ilustracións de Ro Ledesma; Tacón, punta, tacón, de Anxo Iglesias e ilustrado por Laura Romero; A avoa canta como a cotovía, de Celia Díaz e Alba Santa e Eu non canto por cantar, de Antón Santamarina e Manuel Rico.
    12 min
  • Eva Castiñeira
    Isabel Freire conversa con Rodrigo Romaní sobre Eva Castiñeira, unha das homenaxeadas nas Letras Galegas de 2025. Nada en 1925 no lugar de Agranzón, en Muxía, emigrou á Coruña, onde a coñeceu Rodrigo Romaní, integrante de Milladoiro. En 1981 o grupo convidounas a ela e á súa irmá Engracia a participaren nun concerto no pavillón de deportes. Convertéronse nas primeiras pandeireteiras en subir a un escenario cun grupo folk.
    12 min
  • 'Roland mon amour'
    Afonso Becerra comenta ‘Roland mon amour’, un monodrama de desexo e música que mestura a escrita, o baile e a plástica. De Cris Balboa
    6 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades