Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A crónica deportiva 16-05-2025
    Vigo saca as bufandas á rúa. Escoitamos a Marián Mouriño e a Borja Oujo, do departamento de márketing do RC Celta.
    No Dépor, fin de semana de 25 aniversario do título de Liga. Yeremay, recuperado para xogar co Granada.
    E viaxamos a Islandia con Chicho Moldes e a última hora do BM Porriño, na véspera da Final da Copa EHF.
    30 min
  • Diario cultural 16-05-2025
    Isabel Freire conversa con Rodrigo Romaní sobre Eva Castiñeira, unha das homenaxeadas nas Letras Galegas de 2025.
    Eva Mejuto compila algúns dos últimos libros infantís sobre as cantareiras
    33 min
  • Diario cultural 16-05-2025
    Gisela Sanmartín fálanos da segunda edición das Xornadas Públicas Somos Pandereteiras, que se celebran co lema "As tocadoras como transmisoras da lingua galega". Ademais presentamos o novo espectáculo de Sondeseu "Arpas Atlánticas" e o concerto das Letras.
    16 min
  • Diario cultural 16-05-2025
    Buscamos con Eva Sandino a conexión entre o noso repertorio oral popular e as músicas máis actuais: das cantareiras a Mondra ou Tanxugueiras.
    Imos ata Cannes con Natalia Penas para sabermos da estrea de ‘Sirat’, de Oliver Laxe, recibida con entusiasmo na súa proxección onte á noite.
    Afonso Becerra comenta ‘Roland mon amour’
    29 min
  • Tito Lesende ponse cantareiro
    A playlist de Tito Lesende: ‘ A ghatiña mansa’, unha colaboración de Tanxugueiras e Caamaño& Ameixeiras, ‘O bruar das cantareiras’, de Xosé Lois Romero & Aliboria e ‘O meu ser’ de Xan Pais
    10 min
  • Adolfina e Rosa Casás
    Isabel Freire fala co músico Richi Casás, neto e afillado de Adolfina e Rosa, dúas das cantareiras que personifican á homenaxe da RAG ao noso patrimonio oral popular.
    10 min
  • As recollidas
    Coñecemos o que é “A recollida”, dende o ‘Cancioneiro popular galego’ ata hoxe, da man de Eva Sandino.
    10 min
  • A crónica deportiva 15-05-2025
    Os resultados dos rivais acompañan o obxectivo europeo do Celta.
    Lea entre o concello e o Dépor na Coruña.
    Josué Dorrío, moi doído coa temporada do Rácing.
    O Obra preparado, e con todos ao seu dispor, para que dea comezo o play off polo ascenso.
    Diego Epifanio non aclara se vai seguir no Básquet Coruña.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades