“A Historia non é o que, é o por que”
Vituco Neira lévanos ata Lugo, onde a Domus do Mitreo acaba de incorporarse ao Sistema Galego de Centros Museísticos, para falar coa súa directora artística, Dolores Dopico.
O conxunto está conformado por unha vivenda e un templo dedicado ao deus Mitra, un elemento de gran singularidade e relevancia histórica ao tratarse do único, ata o momento, en toda a Península Ibérica que conserva a planta enteira.