Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 08-05-2025
    Visitamos da man de Vituco Neira o obradoiro de composición que se desenvolve en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia no marco da programación do RESIS.
    Moncho Lemos comenta dúas estreas: ‘Una quinta portuguesa’ e ‘También esto pasará’. Ademais,en agalega.gal poderase ver dende o sábado ‘O Corno’, de Jaione Camborda
    31 min
  • XXI edición do festival Play-Doc
    Empeza en Tui a XXI edición do festival Play-Doc
    Inaugúrase co espectáculo Traspielas, da cantautora galega Su Garrido Pombo. Tamén se vai proxectar o documental de Pablo Villalobos sobre Carlos Oroza ¡Queres saír podes entrar’, que conmemora o centenario do poeta.
    21 min
  • Rosalía en Camiño
    “Buscamos reivindicar a actualidadade de Rosalía e poñer os poetas galegos a dialogar cos doutras línguas”
    Recibimos a visita de Chus Pato e Gonzalo Hermo para debullar a sexta edición de ‘Rosalía en Camiño’.
    As xornadas poéticas multilingües principian hoxe en Santiago e Padrón con poetas de diversas partes da península e mailo cineasta Oliver Laxe,o primeiro «non poeta stricto sensu» que participa no encontro.
    20 min
  • Diario cultural 07-05-2025
    Recibimos a visita de Chus Pato e Gonzalo Hermo para debullar a sexta edición de ‘Rosalía en Camiño’, que arranca esta tarde en Padrón.
    E con Raquel C. Pico coñecemos as primeiras xogadoras galegas de hóckey herba
    31 min
  • Diario cultural 07-05-2025
    Empeza en Tui a XXI edición do festival Play-Doc
    Inaugúrase co espectáculo Traspielas, da cantautora galega Su Garrido Pombo. Tamén se vai proxectar o documental de Pablo Villalobos sobre Carlos Oroza ¡Queres saír podes entrar’, que conmemora o centenario do poeta.
    33 min
  • A Roda do Castro
    A Roda do Castro, na parroquia de Salcedo (A Pobra do Brollón), acolle estes días drons, sensores de tecnoloxía LiDAR  e ferramentas xeomagnéticas que permitirán topografar o xacemento e detectar estructuras construtivas soterradas. Vituco Neira fala con Carlos Otero, técnico do Instituto de Ciencias do Patrimonio
    10 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades