Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Alberto Taracido leva a Europa o barrio coruñés de Labañou
    “A música, a bebida e a comida xogan un papel fundamental nesta homenaxe a Labañou”
    A BD de Alberto Taracido leva a Europa o barrio coruñés da súa nenez.
    Debuta como autor completo no mercado francófono narrando unha historia coral onde as rúas da súa infancia son un personaxe máis.
    13 min
  • 'Cascallos'
    Sicixia, o novo no metal galego
    “Cascallos” é o seu traballo de presentación. Nel hai referencias a clásicos como Iron Maiden e Megadeth e tamén a bandas con máis progresivo coma Porcupine, Tool ouDream Theater. O quinteto está formado por Carlos Faye (voces e guitarra), Iria Iglesias (teclados), Marcos López (guitarra), Manuel Carballada (batería) e Manuel Duro (baixo). Con Carlos e Manolo conversou Vituco Neira nunha terraza da vella Compostela.
    16 min
  • A rosca de Pascua
    Raquel C. Pico fálanos da rosca de Pascua e dos ovos de chocolate. Dende cando forman parte da nosa tradición gastronómica?
    7 min
  • 'De lugares e órganos'
    “Estamos tendo unha resposta fantástica do público”
    O ciclo ‘De Lugares e Órganos’ chega á súa décima edición. Os órganos das igrexas da Universidade, San Paio, Santa Clara e, por vez primeira, o do convento do Carme, fan parte da programación musical desta Semana Santa en Compostela. Falamos coa súa directora artística, Belén Bermejo, e con Ramón Pérez Sindín, un dos concertistas participantes.
    22 min
  • A crónica deportiva 16-04-2025
    Primeira derrota do FC Barcelona neste ano, antes de recibir ao RC Celta. 
    Ximo Navarro encantado de renovar no Dépor.
    Chiqui, "tranquilo" antes do partido do ascenso do Pontevedra.
    O Celta Baloncesto xoga a permanencia na derradeira xornada. Sara Vidal: "xa falamos co Ensino para que nos axuden"
    30 min
  • Diario cultural 16-04-2025
    O ciclo ‘De Lugares e Órganos’ chega á súa décima edición. Os órganos das igrexas da Universidade, San Paio, Santa Clara e, por vez primeira, o do convento do Carme, fan parte da programación musical desta Semana Santa en Compostela.
    E Raquel C. Pico fálanos dun doce típico destas datas
    31 min
  • Diario cultural 16-04-2025
    Sicixia, o novo no metal galego
    “Cascallos” é o seu traballo de presentación.
    Manel Cráneo convida a Alberto Taracido, que leva a Europa o barrio coruñés de Labañou na súa última BD
    31 min
  • ’Cantareiras. Oralidade, creación, transmisión’
    “O importante é transmitir”.’Cantareiras. Oralidade, creación, transmisión’
    Unha exposición no Museo do Pobo Galego que tece a cadea de transmisión da oralidade, dende as primeiras compilacións ata a democracia, pasando polas recolleitas do Seminario de Estudos Galegos, ata hoxe.
    A mostra recolle unha selección bibliográfica, na que destacan tres compilacións: o Cantigueiro popular da Limia Baixa, compilado por Xaquín Lorenzo e Aportacións ó cancioneiro de Cotobade, compilado por Antonio Fraguas, ademais da Colección de cántigas da Mahía que fixo Luis Tobío Campos en 1880
    Conversamos con Concha Losada e Carme Campo desta mostra e mais do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI)
    19 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades