Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • 'A falsa autónoma'
    Dolores Vilavedra comenta ‘A falsa autónoma’, o último poemario de Yolanda Castaño. Poesía para poñer o foco na maquinaria insaciable e degradante do capital.
    11 min
  • 'Rosalía en Fonseca. O xardín da revolución'
    “En Rosalía hai unha cultura botánica, psiquiátrica...que se anoa coa literatura”
    Ao abeiro da recén estreada Cátedra Rosalía de Castro, baixo o auspicio do Museo de Historia Natural da USC, e grazas ao financiamento dunha bolsa Leonardo da Fundación BBVA, semella chegada a hora dunha restitución que permita o ingreso simbólico da autora, con honores, na Universidade de Santiago de Compostela.
    Vituco Neira conversa con María do Cebreiro, unha das responsables da mostra
    17 min
  • A crónica deportiva 15-04-2025
    No Celta, Carl Starfelt sofre unha elongación muscular: de dez a quince días de baixa.
    No Pontevedra, falamos con Orlando Quintana, que xogou como granate o play off co Ovieu na temporada 2009-10. Agora preside o Laredo de Cantabria, xa descendido.
    No Rácing, Álvaro Sanz di que deu o máximo que tiña, e non aforrou esforzo ningún
    30 min
  • Diario cultural 15-04-2025
    ‘Rosalía en Fonseca. O xardín da revolución’
    Exposición no claustro alto de Fonseca, en Compostela.
    Vituco Neira conversa con María do Cebreiro, unha das responsables da mostra
    Dolores Vilavedra comenta o poemario de Yolanda Castaño ‘A falsa autónoma’
    31 min
  • Diario cultural 15-04-2025
    ’Cantareiras. Oralidade, creación, transmisión’
    Unha exposición no Museo do Pobo Galego que tece a cadea de transmisión da oralidade, dende as primeiras compilacións ata a democracia, pasando polas recolleitas do Seminario de Estudos Galegos, ata hoxe.
    Mónica Maneiro comenta a exposición de Amaya González Reyes na Galería Trinta de Santiago
    33 min
  • Esta Semana Santa reabre a Casa das Peritas
    A Casa das Peritas reabre na Semana Santa con arte contemporánea e espectáculos na aldea de Mallas, en Fisterra. O sábado farán unha acción colectiva relacionando arte e natureza cos espectadores.
    Conversamos coa comisaria da exposición 'Corpos', Natasha Lelenco, e con Óscar Aldonza, un dos artistas participantes.
    18 min
  • Galicia Nomeada
    Galicia Nomeada é unha plataforma colaborativa para a recolleita, xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega e de toda a tradición oral asociada. Busca salvagardar un patrimonio cultural que esmorece e xa conseguiron máis de medio millón de topónimos. Conversamos co seu coordinador, Vicente Feijoo.
    15 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades