Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • 'Narcisa e os monos voadores'
    A exposición 'Narcisa e os monos voadores', é un proxecto expositivo-colaborativo de investigación emocional, plástica e estética sobre o trastorno narcisista, xestado por Ana Costas para as artistas Ruth Lodeiro, Montse Rego, MX Fernández, Ricardo de Campos, Alma Pérez, Marita Carmona, María Xosé Díaz e Rita Más Ibáñez, coa colaboración de Carlos Villanueva.
    Vituco Neira fala coa comisaria da mostra, Ana Costas
    16 min
  • Ler Jane Austen en galego
    Raquel C. Pico fálanos de Jane Austen, da que este ano se celebra o 250º aniversario do seu nacemento. Case a totalidade da súa obra podemos lela en galego
    9 min
  • ‘Rafael Úbeda. Visión retrospectiva’
    A Xunta homenaxea con ‘Rafael Úbeda. Visión retrospectiva’ as máis de sete décadas de creación artística dun imprescindible da cultura galega, que aos 93 anos segue en activo.
    A exposición componse de 45 pinturas, 5 debuxos e unha peza audiovisual inédita  realizada por Miramemira, e está comisariada por Pilar Corredoira.
    Ata o 7 de setembro no Gaiás
    17 min
  • A crónica deportiva 09-04-2025
    Iago Aspas di que é divertido xogar neste Celta.
    No Dépor, Diego Villares aposta pola renovación de Óscar Gilsanz.
    No Pontevedra, Edu Sousa fala do previsible e merecido ascenso.
    No Breo, Darrun Hilliard marcha ao Unics Kazan ruso con compensación económica.
    29 min
  • Diario cultural 09-04-2025
    Visitamos con Vituco Neira a exposición 'Narcisa e os monos voadores', no Colexio de Fonseca (USC) en Santiago.
    'A busca de Muncho', con Manel Cráneo
    32 min
  • Diario cultural 09-04-2025
    A Xunta homenaxea con ‘Rafael Úbeda. Visión retrospectiva’ as máis de sete décadas de creación artística dun imprescindible da cultura galega, que aos 93 segue en activo.
    Raquel C. Pico recomenda ler a Jane Austen en galego
    31 min
  • Diario cultural 09-04-2025
    Asistimos á presentación de "Se canto é porque quero", a serie documental da Real Academia Galega sobre as cantareiras. Faamos da retrospectiva sobre Rafael Úbeda que se pode visitar no Gaiás.
    7 min
  • 'Cando a paisaxe se fixo verba'
    Mónica Maneiro comenta a exposición 'Cando a paisaxe se fixo verba', de Christian Villamide, na galería Néboa de Lugo. Falamos tamén co artista da relación da súa obra coa paisaxe e a natureza.
    12 min
  • Encontro universitario de danza
    O Teatro Principal de Santiago acolle, entre hoxe e mañá, a 23ª edición do Encontro Universitario de Danza (EUD), que ofrecerá as mellores producións das compañías que impulsan as tres universidades públicas do noso país. Falamos co seu responsable, Juan Carlos Zahera, con Cruz García, unha das danzantes e con Ainhoa Linaza, coreógrafa
    En maio estarán en Lugo.
    16 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades