Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • 'Unha historia'
    “Unha historia” é o primeiro traballo en solitario de Fer, a metade daqueles Verto que puxeron do revés a escena galega hai uns anos.  Neste disco hai trece temas que camiñan entre o urbano e o pop máis intimista e cargado de humanidade.
    32 min
  • Novas amizades e croquetas envelenadas
    'Migrantes' e 'Gatlock', no Faro dos libros de Eva Mejuto
    Migrantes é un álbum ilustrado do chileno Marcelo Simonetti e a ilustradora Maria Girón, publicado por Kalandraka e premiado esta semana pola asociación de librarías italianas ALIR.
    'As croquetas envelenadas' é un dos volumes das peripecias do gato detective Gatlock, creado por Sébastien Perez e traducido ao galego por Isabel Soto.
    9 min
  • Rap e néboa en Lugo con Diego Flâneur
    A 'nebra pecha' de Uxío Novoneyra titula o primeiro disco de Diego Flâneur, músico lugués de 24 anos. O álbum, de ambientes densos e letras introspectivas, retrata un Lugo invernal e certa desesperanza vital, e conta con colaboracións doutros artistas da nova escena hip hop da cidade.
    19 min
  • 'Iribarne', a gran vencedora nos María Casares
    Falamos con Xabier Castiñeira, Esther Carrodeguas e Anxo Outumuro da gala dos María Casares, desenvolvida a noite pasada na Coruña.
    ‘Iribarne’, de ButacaZero fíxose con nove dos doce galardóns aos que aspiraba: Espectáculo, dirección (Xavier Castiñeira), dirección de movemento (Sabela Domínguez), texto orixinal (Esther F. Carrodeguas), actor protagonista (Anxo Outumuro), actriz protagonista (Lida Veiga), espazo sonoro (Berto), vestiario (Diego Valeiras) e espazo escénico (Diego Valeiras e Xavier Castiñeiras). Este último premio compartido con ‘O dragón de ouro’de Sarabela, que levou ademais os de adaptación-tradución (Catuxa Pato), actriz secundaria (Sabela Gago), Iluminación (Laura Iturralde) e espazo escénico (Iris Branco).
    Na categoría de monicreques Os contos do Lobicán, de Redrum Teatro, e coma mellor espectáculo infantil ‘Monstros’, de Producións Teatráis Excéntricas.
    20 min
  • A crónica deportiva 04-04-2025
    No Celta, Claudio Giráldez defende a Alfon e amósase doído polos ataques o xogador.
    No Dépor, Óscar Gilsanz pide acelerar cara a primeira división.
    No Básquet Coruña, Diego Epifanio láiase dos insultos no Coliseum.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades