Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • A muralla de Lugo, 25 anos como Patrimonio da Humanidade
    En novembro de 2025 faranse 25 anos da declaración da muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade, un fito ao que se lle dedica a oitava edición das xornadas de divulgación do patrimonio arqueolóxico do Museo Provincial de Lugo. 
    Conversamos co investigador Adolfo de Abel Vilela, que dará a conferencia inaugural sobre o rol da muralla na Historia e na vida da cidade, e co arqueólogo Enrique Alcorta, codirector das xornadas, que formou parte do equipo de redacción da proposta de inscrición na listaxe da Unesco.
    17 min
  • A crónica deportiva 02-04-2025
    Última hora do Uni Ferrol no día da gran final da Euro Cup.
    Alfon deixará o Celta e fichará polo Sevilla. Falamos con Víctor López.
    A directora da Liga Feminina, Beatriz Álvarez, visita o Dépor.
    Conmoción no Pontevedra CF pola lesión de cruzado de Pelayo.
    30 min
  • Diario cultural 02-04-2025
    Nestes días fanse 25 anos da declaración da muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade. Conversamos co historiador Adolfo de Abel Vilela e co arqueólogo Enrique Alcorta
    Manel Cráneo revélanos os 'protocómics' de Isaac Díaz Pardo
    32 min
  • Diario cultural 02-04-2025
    A vixésimo sexta edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra,  aberto ata o 6 de abril, está centrada no cinema e conta con Francia como país convidado.Eva Mejuto é a súa directora. Conversamos con ela e coa escritora Fina Casalderrey
    Raquel C. Pico lévanos pola historia do cine mudo
    31 min
  • Día Internacional do libro infantil e xuvenil
    “Desta volta aproveitamos as sinerxias co cine”
    A vixésimo sexta edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra,  aberto ata o 6 de abril, está centrada no cinema e conta con Francia como país convidado.
    Este evento cultural, un dos máis importantes de Galicia no ámbito da literatura infantil e xuvenil, ofrece unha ampla variedade de actividades, incluíndo obradoiros, contacontos, espectáculos de artes escénicas, concertos, proxeccións audiovisuais e presentacións de libros.
    Eva Mejuto é a súa directora. Conversamos con ela e coa escritora Fina Casalderrey
    22 min
  • Diario cultural 02-04-2025
    No Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil pasamos por Pontevedra, onde se desenvolve o Salón do Libro dedicado aos máis novos. Despois viaxamos ata Lugo, onde o Museo provincialñ analiza nunhas xornadas a transcendencia da declaración da muralla da cidade como Patrimonio da Humanidade
    7 min
  • Os debuxos de Alejandra Pombo Su
    A artista expón en Vigo 'Lo que me encuentro'
    O espazo de arte SVT acolle a mostra 'Lo que me encuentro', de Alejandra Pombo Su. A exposición reúne debuxos de papel en pequeno formato
    desta artista compostelá.
    12 min
  • O Día das Artes Galegas recorda a Isaac Díaz Pardo
    Isaac Díaz Pardo é o homenaxeado na décima edición do Día das Artes Galegas, que impulsa a Real Academia de Belas Artes.  
    Lembramos a súa faceta como pintor e o seu impulso a proxectos colectivos da importancia do Laboratorio de Formas ou Sargadelos co historiador e académico de Belas Artes
    Felipe Senén e o seu fillo, Xosé Díaz Arias de Castro, tamén académico da Sección de Artes da Imaxe da RAGBA.
    12 min
  • 'Birken'
    Dolores Vilavedra comenta ‘Birken’, de Diego Alfonsín. Un xogo de espellos que pescuda no lugar onde comezan e rematan as preguntas, a identidade, a casualidade...
    8 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades