Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • 'Cancioneiro galego serodio'
    “As músicas e líricas dun pobo viaxan na memoria das mulleres. Temos un patrimonio inmenso”
    ‘Cancioneiro galego serodio (1989 2012)’, de Xabier Díaz, é, en palabras do seu autor unha viaxe polo país das mil muiñeiras.
    A transcrición dos textos líricos das case cincocentas entrevistas realizadas ao longo de trinta anos, vén adornada de historias das propias informantes, protagonistas tamén das fotos, e dunha morea de audios orixinais das compilacións.
    21 min
  • A crónica deportiva 01-04-2025
    O Celta remata a xornada 29 no oitavo posto e con 40 puntos.
    Alfonso Rueda explica a postura da Xunta ao respecto da polémica de Balaídos como sede do mundial 2030.
    Lino López e Gala Mestres, na previa da volta da final do Uni Ferrol en Lille.
    O BM Porriño xogará o partido de volta da final europea EHF en Islandia.
    A ida será o 10 de maio no Municipal do Porriño.
    30 min
  • Diario cultural 01-04-2025
    O Día das Artes Galegas recorda a Isaac Díaz Pardo
    Homenaxe a unha figura fundamental para as artes contemporáneas en Galicia
    Mónica Maneiro tráenos ‘Os debuxos de Alejandra Pombo Su’
    32 min
  • Diario cultural 01-04-2025
    ‘Cancioneiro galego serodio (1989 2012)’, de Xabier Díaz, é, en palabras do seu autor unha viaxe polo país das mil muiñeiras. Dolores Vilavedra comenta ‘Birken’, de Diego Alfonsín.
    31 min
  • Nashgul e Ocean Gates
    Escoitamos grindcore, doom e occult rock con Patty Castro, que segue amosándonos os diferentes subxéneros do metal a través de bandas galegas. Os coruñeses Nashgul son pioneiros do grindcore, un dos xéneros máis extremos, mentres que os ferroláns Ocean Gates practican un hard rock que oscila entre o doom e o occult.
    11 min
  • Óscar Corral, premio Ortega y Gasset de Fotografía
    Conversamos con Óscar Corral sobre a imaxe que lle vale o premio Ortega y Gasset de Fotografía 2025, tomada na localidade valenciana de Alfafar en novembro de 2024.
    A fotografía, que mostra un grupo de bombeiros que sosteñen un poste danado pola riada, recorda outra imaxe icónica, a tomada polo fotógrafo estadounidense en Iwo Jima en 1945.
    17 min
  • 'Montedapena'
    Carlos Crespo tráenos o traballo primeiro de Montedapena, o proxecto persoal do moañés Héctor Rodríguez (Lontreira)
    10 min
  • Diario cultural 31-03-2025
    Óscar Corral, premio Ortega y Gasset de Fotografía
    O fotógrafo compostelán é recoñecido por unha imaxe sobre as consecuencias da DINA.
    Escoitamos grindcore, doom e occult rock con Patty Castro
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades