Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 28-03-2025
    'San Antonio', primeiro disco en galego de Los Eternos
    A banda cedeiresa de country-rock publica o seu sexto álbum
    Eva Mejuto proponnos libros de Marilar Aleixandre e Dani Blanco
    31 min
  • De Lisdexia a Ryan Adams
    Repasamos as candidaturas galegas dos premios MIN da música independente con Tito Lesende, que ademais pica cancións dos muradáns Lisdexia e da compostelá Mariagrep. Tamén escoitamos a Rigoberta Bandini, que acaba de presentar disco e mais a Ryan Adams, que actúa esta fin de semana na Coruña.
    13 min
  • 'Estrutura dun zumbido', de Alberto Ovejero
    'Estrutura dun zumbido', de Alberto Ovejero
     Exposición na Fundación Granell de Santiago 
    O artista Alberto Ovejero chámalles 'zumbidos' aos pensamentos recorrentes, que canaliza a través do exercicio artístico. Na Fundación Granell expón un feixe de ilustracións, colaxes e esculturas que exploran o corpo e a identidade.
    A mostra 'Estrutura dun zumbido' está comisariada por Eduardo Valiña e pode visitarse ata o 4 de maio.
    15 min
  • ‘Tierra de nadie’ e ‘Por todo lo alto’
    Moncho Lemos recomenda ‘Tierra de nadie’, de Albert Pintó. Un policial sobre o narcotráfico en Cádiz con Luís Zahera de coprotagonista
    ‘Por todo lo alto’, de Emmanuel Courcol. A medio camiño entre o drama e a comedia amable.
    12 min
  • 'Cántico'
    “Puxen en diálogo textos do galego José Ángel Valente e o nicaragüense Ernesto Cardenal porque ambos teñen interese na poesía mística”
    A OSG estrea este venres «Cántico», unha obra do músico compostelán Fernando Buide para soprano, coro e grande orquestra.
    Trátase dun encargo da Sinfónica de Galicia e o Xacobeo e contará coa soprano canaria Raquel Lojendio, que é colaboradora habitual do compositor.
    No Pazo da Ópera da Coruña ás 20h.
    16 min
  • A crónica deportiva 27-03-2025
    No Celta, camisola edición limitada pola Reconquista para o luns coa UD As Palmas.
    No Dépor, Diego Gómez non ve favoritismos no derbi co Racing.
    Presentado Luís Lemos como adestrador do Arousa.
    Félix Alonso, adestrador do Obradoiro: "do pasado só viven os museos".
    30 min
  • Diario cultural 27-03-2025
    'Estrutura dun zumbido', de Alberto Ovejero. Exposición na Fundación Granell de Santiago .
    Tito Lesende pica os éxitos máis recentes do panorama galego
    31 min
  • Diario Cultural 27-03-2025
    A OSG estrea este venres «Cántico», unha obra do músico compostelán Fernando Buide para soprano, coro e grande orquestra.
    Trátase dun encargo da Sinfónica de Galicia e o Xacobeo e contará coa soprano canaria Raquel Lojendio, que é colaboradora habitual do compositor.
    No Pazo da Ópera da Coruña ás 20h.
    Moncho Lemos comenta ‘Tierra de nadie’ e ‘Por todo lo alto’
    29 min
  • Voces da BD: Carlos Ares
    O guionista coruñés Carlos Ares abre para nós a súa comicteca
    Como cada último mércores de mes, Manel Cráneo convida un lector de cómic para que comparta a súa historia lectora, favoritos e recomendacións.
    Neste caso, é o guionista coruñés Carlos Ares quen se somete ao noso 'Test da BD'.
    14 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades