Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 31-03-2025
    Conversamos con Blanca Riestra, autora de  «As augas interiores», unha novela de aventuras e thriller psicolóxico coa protagonista embarcada rumbo a Terranova nun buque de salvamento marítimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio . O volume completa a súa “triloxía atlántica” e está publicado por Xerais
    Carlos Crespo tráenos o traballo primeiro de Montedapena
    31 min
  • 'As augas interiores'
    ‘A bordo dun barco danse a viaxe xeográfica e a viaxe introspectiva’
     «As augas interiores», de Blanca Riestra, é unha novela de aventuras e thriller psicolóxico,  coa protagonista embarcada rumbo a Terranova nun buque de salvamento marítimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio . O volume completa a súa “triloxía atlántica” e está publicado por Xerais
    15 min
  • Castelao e Contos das veciñas
    O Faro das lecturas de Eva Mejuto alumea hoxe un libro sobre Castelao para público adolescente, Castelao segundo Rañolas, no que Marilar Aleixandre percorre a traxectoria do político e artista rianxeiro a través dos seus personaxes,
    especialmente do Rañolas de Os dous de sempre. A segunda proposta é Murmuraban as miñas veciñas, media ducia de contos autoeditados polo narrador e clown Dani Blanco.
    10 min
  • 'San Antonio', primeiro disco en galego de Los Eternos
    O sexto disco de Los Eternos é o seu primeiro álbum en galego e unha homenaxe póstuma a Arantza Navarrete, estreita colaboradora do grupo. Con colaboracións de Guadi Galego e Óscar Avendaño
    e un son que se achega á 'americana', 'San Antonio' estará dispoñible nas plataformas dixitais o 1 de abril e poderá escoitarse en directo o 26 de abril en Cedeira e o 17 de maio en Pontevedra e Vigo.
    18 min
  • 'A burra, a mesa e o pau'
    Afonso Becerra comenta ‘A burra, a mesa e o pau’ , do CDG, un espectáculo que une unha vida de esforzos, a loita obreira e unha esperanza teimuda en solucións máxicas. Dirección e dramaturxia de Lorena Conde
    10 min
  • 'Camaradas'
    “As 48 obras dialogan entre si”
    ‘Camaradas’, unha exposición na Fundación Manuel Moldes de Pontevedra  que reúne obras do autor con pezas de Mon Vasco, Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Guillermo Monroy, Correa Corredoira, Xaime Cabanas, Jorge Barbi e Francisco Mantecón, tomando como nexo a amizade que Moldes compartía con cada un deles
    Conversamos cun dos comisarios da mostra, Carlos Bernárdez, e coa viúva e presidenta da Fundación, May Díaz.
    18 min
  • A crónica deportiva 28-03-2025
    José Gainzarain cesado como CEO do RC Celta.
    Rafa Louzán acusa de populista a Abel Caballero e di que leva 15 anos coa reforma de Balaídos.
    Previa do Rácing - Deportivo. Falan os adestradores.
    30 min
  • Diario cultural 28-03-2025
    ‘Camaradas’, unha exposición na Fundación Manuel Moldes de Pontevedra  que reúne obras do autor con pezas de Mon Vasco, Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Guillermo Monroy, Correa Corredoira, Xaime Cabanas, Jorge Barbi e Francisco Mantecón, tomando como nexo a amizade que Moldes compartía con cada un deles .
    Afonso Becerra comenta ‘A burra, a mesa e o pau’ , do CDG
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades