Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • 'Ata que a morte nos separe'
    Dolores Vilavedra comenta ‘Ata que a morte nos separe’, de Elena Gallego. Unha homenaxe a Agatha Christie que recupera a parella de investigadores Marta Vilas e Fernando Prieto para embarcalos na ruta marítima do Camiño de Santiago.
    13 min
  • A crónica deportiva 25-03-2025
    Abel Caballero reclama transparencia na Federación Española.
    Alfon: "Os equipos de Claudio dan máis rendemento na segunda volta"
    Esgotados os billetes para o derbi da Malata.
    O Uni Ferrol tenta dominar os nervios na previa da final da Euro Cup.
    30 min
  • Diario cultural 25-03-2025
    Michu Malvar tocaba a batería en grupos de rock ata que decidiu dar un paso adiante e cantar as súas propias cancións.
    Así naceu o proxecto Michu da Rocha, que acaba de publicar o disco 'Tempos de entroidar'. Rock de autor con mirada irónica desde Vigo.
    Mónica Maneiro comenta 'Espazo e tempo. A scultura na Colección Abanca'
    31 min
  • Diario cultural 25-03-2025
    ‘Cantareiras’, de Icía Varela e seu pai, Xosé Manuel Varela.
    Un percorrido polo legado da música e a poesía popular e a tradición das pandeireteiras.
    Dolores Vilavedra comenta ‘Ata que a morte nos separe’, de Elena Gallego.
    31 min
  • Estrea de Fernando Buide
    Pablo Sánchez Quinteiro repasa os concertos que as grandes orquestras galegas ofrecen esta semana. No concerto de abono da Sinfónica de Galicia estrearase 'Cántico', unha obra do compositor galego Fernando Buide. Nas actuacións da Real Filharmonía de Galicia en Santiago e Ferrol estrearase unha composición da vasca Helga Arias e Sara Ferrández será viola solista.
    O noso colaborador comenta tamén o último concerto da orquestra Gaos.
    11 min
  • As novas preguntas do forno de Castromao
    Preestréase en Ourense o documental 'Anatomía dun forno', que testemuña un proxecto de investigación de arqueoloxía experimental, iniciado na USC en 2010, que mudou as hipóteses sobre os usos de fornos coma o atopado en Castromao nos 60’s e abre novas vías para analizar o papel das landras na sociedade castrexa. No documental, realizado pola produtora Illa Bufarda, participan Pepa Castiñeira Rey, profesora da Prehistoria na USC ata a súa xubilación ou o arqueobotánico
    Andrés Teira Brión, cos que conversamos.
    17 min
  • Eris Mackenzie 3
    Carlos Crespo completa o repaso polo máis novo de Eris Mackenzie, un artista e produtor de indie-pop electrónico/urbano
    9 min
  • Víctor Freixanes
    “A lingua galega é moito máis que un ben cultural e un sinal identitario...é un valor económico diferenciador nun mundo globalizado”
    Recibimos a visita de Víctor Freixanes, que remata mandato coma presidente da Real Academia Galega logo de oito anos.
    20 min
  • A crónica deportiva 24-03-2025
    Abel Caballero pídelle explicacións á Federación Española de Fútbol despios de que saber que Vigo ería sede do Mundial na primeira baremación técnica.
    No Dépor, lesión de Ximo Navarro. Fractura vertebral, dúas apófeses transversas lumbares que teñen comoa resultado cando menos seis emanas de repouso deportivo.
    O Pontevedra CF e a UD Ourense aumentan a 7 puntos a vantaxe para o ascenso.
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades