Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 24-03-2025
    Recibimos a visita de Víctor Freixanes, que remata mandato coma presidente da Real Academia Galega logo de oito anos.
    Carlos Crespo completa o repaso polo máis novo de Eris Mackenzie
    31 min
  • Diario cultural 24-03-2025
    Preestréase en Ourense o documental 'Anatomía dun forno', que testemuña un proxecto de investigación de arqueoloxía experimental, iniciado na USC en 2010, que mudou as hipóteses sobre os usos de fornos coma o atopado en Castromao nos 60’s e abre novas vías para analizar o papel das landras na sociedade castrexa.
    Pablo Sánchez Quinteiro repasa os concertos que as grandes orquestras galegas ofrecen esta semana.
    31 min
  • Libros e películas
    Eva Mejuto propón hoxe unha lectura cinematográfica: ‘A excursión a Cans. Unha veciña de película’, de Iria Misa, e mais un debut literario serodio, Charlotte, de Consuelo Vercher.
    9 min
  • 'Salvaxe salvaxe' chega aos cines
    “O lobo é un elemento polarizador”
    'Salvaxe salvaxe' , un 'anti-documental de natureza' de Emilio Fonseca, indaga nos límites entre o doméstico e o silvestre. A película mergúllanos sensorialmente nos montes de Galicia e do norte de Portugal nos que sobreviven algunhas mandas de lobos e convídanos a reconectar con outras criaturas.
    19 min
  • 'Helen Keller, a muller marabilla?
    Afonso Becerra comenta a obra ‘Helen Keller, a muller marabilla?’de Chévere, un traballo que cuestiona a incomunicación entre persoas oíntes e non oíntes e por iso integra na mesma obra a lingua falada en galego e a lingua de signos.
    11 min
  • Alguén que respira!
    “A poesía permanece porque dá testemuño”
    Co gallo do Día da Poesía desenvólvese en Compostela ‘ Alguén que respira! , este ano centrado nos horizontes da poesía e da vida. Un dos recitais máis singulares é o que ofrecerán esta tarde varios dos Neos, entre eles Berta Dávila,  a partir das oito no Teatro Principal. Falamos con ela e mais co director do festival, Antón Lopo.
    18 min
  • A crónica deportiva 21-03-2025
    Adrian Ben clasificouse para a final dos 1.500 no Mundial de China .
    O Dépor busca achegarse á salvación a costa do pechacancelas.
    O Rácing busca un triunfo tras sete partidos sen gañar.
    O Balonmán Porriño quere facer historia mañá nas semifinais da Eurocup
    30 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades