Todos os podcast | A crónica deportiva

Todos os podcast | A crónica deportiva

By AGalegaAudioSports
Download on the App Store

Todos os podcast | A crónica deportiva episodes

  • Diario cultural 21-03-2025
    Co gallo do Día da Poesía, desenvólvese en Compostela ‘ Alguén que respira! , este ano centrado nos horizontes da poesía e da vida. Un dos recitais máis singulares é o que ofrecerán esta tarde varios dos "Neos", entre eles Berta Dávila,  a partir das oito no Teatro Principal. Falamos con ela e mais co director do festival, Antón Lopo,
    Afonso Becerra comenta a obra ‘Helen Keller, a muller marabilla?, de Chévere
    31 min
  • Hibernarse con Fillas de Casandra
    Tito Lesende pica a nova canción de 'Fillas de Cassandra', 'Hibernarse', primeiro tema do EP que irán publicando nas próximas semanas, no que se revolven contra a velocidade imposta polo sistema, tamén na creación.
    Escoitamos tamén a Ortiga, que presenta en directa a súa 'Obra social' o 27 de marzo na sala Capitol de Santiago, e a Monoulious Dop, que continúan co seu 'Chándal Metal Tour'.
    11 min
  • 'De rota raposa'
    Celebración do Día da Poesía 2025: De rota raposa. Poesía escénica con Silvia Penas e Samuel Merino
    Ás 19:30 no Centro Cultural Municipal do Porriño.
    16 min
  • "Salvaxe, salvaxe" e "Los aitas"
    Moncho Lemos comenta dúas estreas para a fin de semana:
    * “Salvaxe, salvaxe”, un ensaio de Emilio Fonseca rodado entre Galicia e Portugal que explora a relación entre o lobo ibérico, a natureza e as persoas.
    * “Los aitas”, unha comedia de  Borja Cobeaga que transcorre no Bilbao de finais dos 80’s e revisa o papel dos pais daqueles anos.
    9 min
  • Cen anos da Polifónica de Pontevedra
    “Foi a primeira coral galega que incluíu mulleres”
    A exposición ‘Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra 1925-2025, un século de música coral en Galicia’, pode visitarse ata o 20 de abril no museo da cidade.
    A mostra inclúe reproducións das escenografías realizadas por Castelao e está comisariada polo presidente da Polifónica, Carlos Valle. Conversamos con el e mais coa directora da agrupación, Nanette Sánchez Ordaz.
    19 min
  • A crónica deportiva 20-03-2025
    O Numancia demanda perante o Comité de Competición aliñación indebida do Pontevedra CF pola entrada de Yelko Pino no céspede cando estaba no banco de suplentes.
    Analizamos o Celta Fortuna 1 - CD Lugo 2 e o Compostela 0 - Fabril 3.
    Escoitamos a Epi, Casimiro e Moncho López nas previas do baloncesto galego.
    30 min
  • Diario cultural 20-03-2025
    A exposición ‘Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra 1925-2025, un século de música coral en Galicia’, pode visitarse ata o 20 de abril no museo da cidade.
    A mostra inclúe reproducións das escenografías realizadas por Castelao e está comisariada polo presidente da Polifónica, Carlos Valle. Conversamos con el e mais coa directora da agrupación, Nanette Sánchez Ordaz.
    Moncho Lemos comenta dúas estreas para a fin de semana: “Salvaxe, salvaxe” e “Los aitas”
    31 min
  • Diario cultural 20-03-2025
    Adiantámonos ao Día da Poesía co novo recital multimedia de Silvia Penas e Samuel Merino, 'De rota raposa'.
    Tito Lesende pica o último de Fillas de Cassandra e recorda os próximos concertos de Ortiga e Monoulious Dop.
    31 min
  • BD e institucións. Alejandro Casasola, presidente da Sectorial do Cómic
    Conversamos con Alejandro Casasola, presidente da Sectorial que agrupa dezasete entidades da banda deseñada en España. 
    Voz do sector na relación coas institucións, Casasola comenta fitos como a creación do Día do Cómic e do Tebeo, a presenza de España
    como país convidado en Angoulême ou as inminentes axudas públicas para a creación de banda deseñada.
    31 min

About Todos os podcast | A crónica deportiva

From the publisher's feed

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades